CULTURA
Os locais TNT Band serán os “teloneros” de Rosendo o día 11 de agosto O grupo de mozos vilagarciáns de 14 e 15 anos que, baixo o nome TNT Band, iniciou a súa andaina en 2015 verán un un soño feito realidade o vindeiro día 11 de agosto: serán os “teloneros” de Rosendo. Unha versión de “Maneras de vivir”, o mítico tema do rockeiro madrileño, foi, precisamente, un dos dous temas incluídos na maqueta de presentación de TNT Band.
08.07.2017.- Con esta decisión, avalada polo propio Rosendo, o concello quere poñer en valor o talento local ao que se une a admiración que senten Iñaki Fernández (guitarra e voz), Carlos Galbán (guitarra e coros), Manuel Esperón (baixo) e Luis Jiménez (batería) por lo histórico líder de Leño.
TNT Band participaron este ano no concurso nacional MusicAula School, en Madrid, e se quedaron a un paso de chegar á final. O concerto de Rosendo Mercado está previsto para o luns 11 de agosto, ás 23:00 horas, no Parque da Xunqueira, con entrada gratuíta.
A Concellería de Cultura dará a coñecer nos vindeiros días os nomes dos outros grupos locais que participarán en San Roque 2017, en cuxo cartel xa figuran, ademais de Rosendo, Bebe, Roi Casal e Leilía.