_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Goberno local e Confraría buscan puntos de encontro que permitan celebrar a Festa da Ameixa

O goberno local e confraría e parquistas buscan puntos de encontro para que se poida celebrar a Festa da Ameixa 2017. O patrón maior da Confraría de Carril e da Agrupación de Parquistas, que hoxe se comprometeu a elaborar o plan de autoprotección que se cita nos informes da Policía Local e de Emerxencias para poder garantir a seguridade na Festa da Ameixa, participou hoxe nunha reunión na que, polo goberno local, asistiron a portavoz, Tania García, e o concelleiro de Promoción Económica, Juan Antonio Pérez Callón.
11.07.2017. García e Pérez Callón lle manifestaron ao patrón maior, unha vez máis, a súa disconformidade coas datas elixidas unilateralmente polos organizadores, os días 19 e 20 de agosto, posto que aos problemas de seguridade se unen os de intendencia –medios personais e materiais, que non son ilimitados- e de oportunidade: a coincidencia de datas en nada beneficia á promoción turística de Vilagarcía de Arousa nin á tan demandada desestacionalización da oferta.

Con todo, e ante o empeño de Confraría e Parquistas en manter as datas, o concello está disposto a ofrecer todo o que estea na súa man, pero con contraprestacións por parte dos organizadores. Así, o plan de autoprotección deberá ser avaliado polos servizos municipais, e iso implica, ademais de vixilancia, medios de emerxencias, como ambulancia e atención médica.

En cuanto ás cuestións de pura intendencia –palcos, valados, cadeiras, carpas, billeteiras, limpeza, etcétera- o Concello comprometeuse a chegar a onde sexa posible, dentro das posibilidades de recursos humanos e materias dos que dispón e tendo en conta, precisamente, a multitude de actos previstos para ese fin de semana. Alá onde non poda chegar o concello polos seus propios medios, deberán facelo os organizadores e para iso será necesario que presenten unha relación detallada de todo o que precisan. En función diso se lles comunicará que pode facer o concello e que teñen que asumir Confraría e Parquistas.

Con todo, o patrón maior e presidente dos parquistas non aclarou hoxe se conta ou non con permiso de Costas para realizar a anunciada verbena na praia de Compostela e como pensa garantir a integridade do paseo marítimo tralo paso de camións de gran tonelaxe. O goberno local segue sen entender que aporta unha verbena un domingo pola noite trala degustación de ameixa ao mediodía a unha festa gastronómica, pero, como no caso anterior, tratará de colaborar na medida das súas posibilidades e sempre garantindo a seguridade, a legalidade e a integridade dos bens públicos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -