FESTAS
O Revenidas pecha o seu cartel con 26 diversas propostas musicais O Festival Revenidas, que ateigará Vilaxoan de música, festivaleiros e festivaleiras entre os días 18 e 20 de agosto, pecha un cartel con 26 propostas musicais engadindo a Bolboreta, De Vacas, Pupil·es e Voodoo -catro bandas lideradas pola forza de mulleres que abranguen unha chea de estilos musicais pasando polos toques de humor ou a canción protesta-, Noite Fechada, O Leo i Arremecághona, DJ Pimp, La Duendeneta, e Galifunk Brass, Bloquinho Aperta e Os Terribles de Arousa para acompañar aos asistentes ás actividades de día e facer dos seus pasarrúas unha auténtica arte.
12.07.2017.- Súmnase deste xeito esta serie de concertos aos xa anunciados anteriormente pola organización: La Pegatina, Skindred, Bohemian Betyars, Riot Propaganda, Esne Beltza, Vendetta, Terbutalina, Dakidarria, Desakato, Txarango, Auxili, Sara Hebe, Voodoo, Doen, Zapa! e SonDaRúa.
Estas 26 bandas, procedentes de Galiza, Asturies, Madrid, Valencia, Cataluña, Euskadi, Navarra, Madrid, Arxentina, Hungría ou Estados Unidos achegaránnos no #Revenidas17 unha potentísima combinación de sotaques e estilos musicais como o balkan, ska, punk, rock, pop, garage, rap, hip hop, funk, dubstep, trap, reggae, folque ou a electrónica.
Venda de abonos e entradas dun só día Ademais de continuar coa venda de abonos para o #Revenidas17 a través da páxina web http://www.revenidas.com , a organización presenta tamén a súa programación por días poñendo á venda tamén un número limitado de entradas dun só día. O prezo será de 35€ para o abono (que custará 45€ en taquilla) e de 20€ para a entrada dun día (que terá un prezo de 25€ en taquilla durante os días de celebración do festival. Nos próximos dáis habilitaránse puntos de venda físicos nas catro provincias galegas para quen prefira mercar deste xeito.
Para todos os públicos Dende a organización destacan, un ano máis, a ambiciosa programación musical e de actividades paralelas desta edición, que dotan ao Festival dun carácter familiar na súa programacióin de día e apta para todos os públicos, que se debullará polo miúdo nas próximas semanas. “O esforzo de pór en marcha un festival que atrae a miles de visitantes non sería posible sen o apoio do Concello de Vilagarcía de Arousa, a Axencia Galega de Industrias Culturais e a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra que nos incluíu na marca Festivais Rias Baixas así como as entidades privadas e asociacións que nos axudan a mantelo máis vivo ca nunca”, afirman os organizadores do #Revenidas17.