_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
O Concello executará limpezas subsidiarias de fincas cando exista risco de salubridade

O goberno local está disposto a acabar coa situación das fincas que permanecen meses e meses sen limpar e creando problemas de salubridade mentres se resolven os expedientes abertos aos propietarios. Para iso, e aplicando estritamente a Lei do Solo, procederá a realizar limpezas de soares con carácter subsidiario, é dicir, por parte dunha empresa –ante a carencia de medios públicos suficientes- pero con cargo aos propietarios.
12.07.2012. “Que non pensen que lle vai saír a conta –advertiu hoxe o alcalde- porque ademais das sancións iniciais coercitivas –que poden ir dos 1.000 aos 10.000 euros- tamén se imporán multas por incumprimento das resolucións da Alcaldía por valor de 300 a 6.000 euros máis.

O rexedor, Alberto Varela, lembrou que neste ano foron abertos 90 expedientes, que sumados aos que xa se veñen arrastrando de anos anteriores suman máis de 400. Explicou que na maioría dos casos, arredor do 70 por cento, trátase de propietarios particulares, pero o resto son de empresas e entidades bancarias. A recente crise agravou a situación ao producirse embargos e cambio de titularidades, co que as sancións se seguen acumulando e pasando duns titulares a outros e as fincas continúan na mesma situación ou peor.

Por iso, e para evitar que esta situación se repita, se aplicará estritamente a Lei do Solo. Os propietarios xa comezaron a recibir novas notificacións das súas obrigas de manter limpos soares e fincas. Se no prazo de dez días non cumpren, ao día seguinte –o once- se fará unha inspección. De non ter cumprida a orde da Alcaldía se contratará a unha empresa para que faga esa limpeza con cargo ao propietario. Ao tempo se lle abrirá un expediente sancionador.

Os dous casos máis inmediatos son unha finca en Carril e outra en Vilagarcía, ao pe do río do Con e preto do instituto. En ambos casos, son fincas pendentes de desenvolvemento urbanístico e con varios cambios de titular. En vindeiras datas se seguirá facendo con aquelas fincas que son obxecto de especial queixa polos veciños, polo que serán os servizos de Emerxencias e de Medioambiente os que irán fixando as prioridades á hora de actuar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -