_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
INFRAESTRUTURAS
Goberno local e veciños buscarán xuntos unha alternativa para instalar a pista deportiva no centro do Carril

O goberno local e o colectivo veciñal que veu reclamando a recuperación do campo de fútbol 7 da Tomada chegaron ao acordo de traballar xuntos para atopar un novo emprazamento da pista multideportiva que se levanta naquela urbanización. Neste sentido, o executivo de Alberto Varela e os veciños coinciden en que unha das posibles ubicacións ideais sería a alameda do Carril, onde xa existe dende hai anos unha canastra de baloncesto.
15.07.2017. Deste xeito, goberno e veciños pedirán a Portos de Galicia que autorice a instalación desa pista nese lugar. Cabe lembrar, ao respecto, que das primeiras xestións que fixo Alberto Varela como alcalde foi, precisamente, instalar unha cancha de basket nesa zona, pero xa entón Portos se negara, autorizando unicamente o cambio da única canastra existente.

A da alameda é a primeira opción, pero uns e outros seguirán traballando na busca doutros posibles emprazamentos, aínda sendo conscientes da súa dificultade. Na reunión celebrada na tarde do mércores na Alcaldía, os representantes veciñais puideron comprobar, con planos diante, que non existen parcelas públicas no Carril susceptibles de albergar unha instalación dese tipo. O recurso a unha parcela privada é practicamente inviable posto que ao tratarse de solo urbano o prezo sería moi superior ao custe da instalación en si.

En calquera caso, tanto goberno coma veciños coinciden en que O Carril, pola súa configuración orográfica e a súa propia evolución urbanística, ten un déficit de zonas de lecer; de aí a necesidade, e o acordo, de traballar xuntos na busca de solucións a esa eiva. Tendo en conta todas esas circunstancias, Alberto Varela e o seu equipo e os representantes veciñais consideran que, hoxe por hoxe, a mellor opción sería a da Alameda, adaptando o proxecto á zona –por exemplo, non utilizando un peche perimetral tan alto como os habituais neste tipo de instalacións- e tendo en conta o carácter multiuso da zona para os máis diversos eventos. Goberno e veciños confían en que agora Portos de Galicia si dea esa autorización como xa favoreceu noutras zonas, igualmente portuarias, a instalación de zonas de xogos infantís ou esparexemento público.

Mentres no se atopa unha solución, as dúas partes pactaron que as obras da Tomada rematarán dentro dos prazos previstos. Igualmente, están de acordo con que tan pronto como se atope unha solución a un novo emprazamento –coa vista posta na Alameda-, a pista será trasladada e o goberno local buscará entón a financiación necesaria para converter o recinto da Tomada nun verdadeiro campo de fútbol 7, lonxe pois da imaxe da actual imaxe dun descampado sen ningún tipo de mantemento e apenas uso.

Na reunión, absolutamente cordial e moi construtiva, en palabras do alcalde, Alberto Varela, ambas partes quedaron tamén en consultar as novas actuacións urbanísticas que planea o goberno local no Carril. O alcalde manifestou estar encantado con ter atopado un novo interlocutor na vila, e máis cando se trata de veciños que están moi implicados en lograr o mellor para o seu pobo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2017  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
           
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -