EDUCACIÓN
O goberno local aproba axudas á educación infantil e superior por valor de 53.500 euros O goberno local aprobou esta semana as axudas á educación infantil e as destinadas aos estudos superiores. No primeiro caso refírese ao curso próximo, 2017-2018; no segundo, ao pasado, 2016-17. En total son 53.500 euros (13.500 para infantil e 40.000 para a superior), aínda que na infantil se podería incrementar en ata 1.500 euros se se produciran sobrantes no Plan Madruga. Para a infantil, o prazo de presentación de solicitudes vai do 1 ao 30 de setembro; para a superior, dende a publicación da convocatoria no BOP –nos vindeiros días- ata o 31 de agosto. En ambos casos pode facerse presencialmente no concello pero tamén a través da sede electrónica. As bases están publicadas na web municipal http://www.vilagarcia.es
15.07.2017. A concesión de axudas aos estudos está financiada polas concellerías de Benestar Social, que dirixe Tania García, e a de Educación, que coordina Miro Serén. Esta é a segunda convocatoria en que non se esixen xustificantes do gasto –antes era así posto que se dirixían á compra de material escolar-, senón que chega con documentar a matrícula, no caso da educación infantil, ou ter aprobados alomenos a metade das asignaturas do curso superior.
Outra novidade é que nos estudos superiores se inclúen a participación en másteres ou a educación musical en conservatorios profesionais. A contía das axudas para formación profesional redúcese á metade (de 400 a 200€) por entender que os estudios universitarios conlevan gastos sensiblemente máis elevados que os de FP. Ademais das notas e de estudar fóra de Vilagarcía, outra requisito de valoración é o nivel de renda familiar, similar aos últimos anos, e que figura nas tablas correspondentes nas bases xa publicadas. As axudas en educación infantil son de 60 euros por alumno; en estudos superiores, de 400€, agás en FP e UNED, que serán de 200€.
Tanto os solicitantes novos coma os participantes na convocatoria do ano pasado recibirán un correo electrónico con todas as novas que se lles afecten na tramitación destas becas.