DEPORTE
Últimos días para inscribirse na XIV Carreira Nocturna “Concello de Vilagarcía” Quen desexen participar na proba absoluta da XIV Carreira Nocturna “Concello de Vilagarcía”, que se celebrará o vindeiro sábado, teñen ata o vindeiro xoves para formalizar a súa inscrición. Deben facelo a través da web http://www.championchipnorte.com . O custe é de 5 euros máis outro por aluguer de chips; todos os participantes recibirán unha camiseta conmemorativa.
15.07.2017. No caso do resto das categorías (A, B, C, D, E e F, en función das idades dos nenos e nenas) a inscrición é gratuíta e pode facerse directamente nas oficinas da propia Fundación de Deportes, en Fexdega, ou na mesma proba ata 45 minutos antes do seu inicio.
A proba comezará ás 22,30 horas do sábado, con saída e chegada na avenida da Mariña, diante do auditorio municipal. En función das categorías haberá distintos percorridos. O da absoluta, en todo caso, terá unha distancia a percorrer de 10.000 metros. O desenvolvemento da proba conlevará algunhas restricións de tráfico que serán debidamente anunciadas e indicadas.