_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O alcalde xestiona en Madrid a renovación do firme do paseo marítimo entre Vilagarcía e Carril

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, e a concelleira de Urbanismo, Paola María, desprázanse a Madrid co obxecto de xestionar ante o departamento de Costas do Estado varias melloras relativas á franxa litoral do municipio; máis en concreto, ao Paseo Marítimo entre Vilagarcía e Carril. Os munícipes entrevistaranse mañá co secretario xeral de Protección da Costa, Ángel Muñoz Murillo, a quen lle exporán as necesidades detectadas polo goberno nesta materia.
18.07.2017.- O encontro de mañá será o segundo que Varela manterá con responsables de Costas. No primeiro, a principios do actual mandato, aínda que as demandas vilagarciás foron acollidas con interese, non se acadou ningún compromiso, alegando dende o Ministerio a provisionalidade do goberno en funcións naqueles momentos e que o Estado carecía de orzamentos, emprazando aos vilagarciáns a un novo encontro cando estes temas estiveran resoltos. O rexedor socialista espera que Costas sí atenda agora as peticións de Vilagarcía dado que as circunstancias son ben diferentes, posto que xa se conta co goberno estable e xa estás aprobados os presupostos.

Os principais proxectos para os que o executivo local pretende obter algún tipo de compromiso por parte de Costas son a renovación do firme do paseo marítimo entre Vilagarcía e carril a ampliación do carril bici que se corta ao inicio da Praia da Concha.

Como xa comprobou a xefa territorial de Costas e técnicos do departamento de Vigo en varias ocasións, as lousas de pizarra que forman o paseo dende a súa construción a principios dos anos 90 atópanse moi deterioradas o que, ademais de xerar unha mala imaxe, dificulta o tránsito de peóns e ciclistas e provoca tropezóns e caídas. O deterioro e tal e avanza tan rápido que os arranxos e as labores continuas de mantemento que s elevan a cabo son totalmente insuficientes para garantir o paseo en bo estado.

A proposta do Concello e substituír o firme do paseo en todo o seu traxecto por un material máis resistente e cómodo para camiñar sobre el sen riscos de tropezar e que requira de pouco mantemento para unha perfecta conservación.

No marco das políticas de mobilidade e de potenciación da bicicleta como medio alternativo para desprazarse pola cidade, Varela e María tamén exporán a necesidade de continuar o carril bici que se interrompe ao inicio da Praia da Concha, xusto onde comezan as casas. Para salvar este obstáculo, os edís socialistas propoñen continuar o carril pola banda do areal, dado o ancho que o mesmo ten na meirande parte da súa lonxitude. Deste xeito, sen restar apenas espazo á praia, garantíase que bicicletas e peóns circulasen separados na maior parte do paseo, reducindo molestias e aumentando a seguridade de uns e outros.

Aparte destes dous asuntos, os vilagarciáns tamén pretenden tratar co responsable de Costas outros asuntos como o proxecto do paseo marítimo a Vilaxoán e melloras nas praias.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -