_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Oito empresas e colectivos facilitarán á realización de prácticas laborais ás participantes no Programa Clara

O Concello de Vilagarcía acolleu este mediodía un acto con importantes empresas e colectivos do municipio acto para presentarlles o Programa Clara, unha iniciativa de inserción socio laboral para mulleres en situación de vulnerabilidade que promove o Instituto da Muller e Para a Igualdade de Oportunidades e que está a desenvolver a Área de Igualdade do Concello. Oito empresas e colectivos acudiron á cita e comprometéronse a colaborar no programa facilitando á realización das prácticas laborais ás 25 mulleres que se están a formar a través desta iniciativa.
19.07.2017.- Ademais de responsables das empresas Clesa, Ferrovial, Gadisa, Espina e Delfín e Cefrico, tamén participaron no encontro representantes da asociación de comerciantes Zona Aberta e as entidades sociais BATA e Amigos de Galicia. A concelleira de Igualdade, Tania García presidiu o acto que tamén contou coa presenza da responsable da asistencia técnica do Ministerio, Belén Fernández e a técnica do programa en Vilagarcía, Rosa Villaronga.

Como é ben sabido, o Concello de Vilagarcía é un dos seleccionados municipios de España que participan no Programa Clara do Instituto de la Mujer. 25 mulleres do municipio desempregadas e en situación de vulnerabilidade están recibindo formación e asesoramento a través da parte teórica do programa que debe rematar cunha parte práctica consistente na realización de prácticas laborais. É neste apartado no que se precisa a colaboración de empresas e entidades.

A resposta das firmas e colectivos que hoxe participaron no encontro foi moi positiva, segundo explicou a concelleira, Tania García, que agradeceu a súa disposición para colaborar neste proxecto. As usuarias do programa realizarán prácticas no remuneradas nas empresas colaboradora, segundo os seus perfís laborais, contacto con seguro de responsabilidade civil e de accidente con cargo ao propio programa. As prácticas terán unha duración mínima de 40 horas, aínda que varias empresas das que participaron no encontro manifestaron que ese período resultara moi escaso, polo que se amosaron dispostas a amplialo.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -