AVISOS
Os cortes de tráfico pola carreira nocturna do sábado comezarán ás 19:30 horas pola Avenida da Mariña A celebración da Carreira Nocturna Concello de Vilagarcía o sábado, 22 de xullo, obriga a establecer cortes de tráfico e restrición de estacionamentos nas rúas polas que se desenvolverá a proba. Os peches á circulación comezarán ás 19:30 horas pola avenida da Mariña, ampliándose a máis rúas a partir das 20:00 horas e completándose a partir das 22:00. Os estacionamentos na rúas afectadas deberán quedar libres de vehículos xa pola tarde. A circulación restablecerase ao remate da proba, a partir da media noite.
20.07.2017.- Por motivo da montaxe da liña de saía e meta e da colocación de sinalizacións o tráfico na Avenida da Mariña cortarase ás 19:30 horas. As 20:00 horas, pecharase o circuíto que incluirá as rúas Rivero de Aguilar, Elpidio Villaverde e Avenida da Mariña.
O percorrido da última proba pecharase as 22:00 horas e será o seguinte: Avenida da Mariña, Avenida Rivero de Aguilar, Peirao de Pasaxeiros, Glorieta do Cavadelo, Avenida Valle Inclán, ata a Glorieta do depósito, onde darán a volta, regresando por Avenida Valle Inclán, García de Caamaño, Alexandre Bóveda, Glorieta do Cavadelo, Avenida Rivero de Aguilar, ata Elpidio Villaverde e de novo Avenida da Mariña.
A Policía Local informa de que deberán quedar libres de estacionamento as seguintes rúas: Avenida da Mariña, Avenida Rivero de Aguilar, Glorieta do Cavadelo, Avenida Valle Inclán, Alexandre Bóveda, e Elpidio Villaverde.
Dependendo do desenrolo da proba, os horarios de corte poderán verse afectados, restablecéndose en canto sexa posible, previsiblemente a partir da media noite.