PATRIMONIO
O Concello rematará a mellora da Praza da Peixería coa restauración da fachada e pintado interior O Concello de Vilagarcía levará a cabo proximamente os traballos de restauración da fachada e interiores da Praza da Peixería, unha actuación que complementa á levada a cabo este mesmo ano e coa que dará por rematada a mellora do emblemático edificio incluído no catálogo municipal de Bens a Protexer. A obra terá un custe al superior aos 16.000 euros que se financiarán co sobrante na adxudicación da obra de renovación da cuberta do edificio.
25.07.2017.- O Concello de Vilagarcía levará a cabo proximamente os traballos de restauración da fachada e interiores da Praza da Peixería, unha actuación que complementa á levada a cabo este mesmo ano e coa que dará por rematada a mellora do emblemático edificio incluído no catálogo municipal de Bens a Protexer. A obra terá un custe al superior aos 16.000 euros que se financiarán co sobrante na adxudicación da obra de renovación da cuberta do edificio.
A Xunta Local de Goberno tomou coñecemento onte da resolución da Deputación Provincial autorizando a reinvestimento dos cartos aforrados pola baixa do custe do proxecto da cuberta que se financiou cos fondos do anterior Plan Concellos. A actuación a levar a cabo agora consistirá no limpado e pintado da fachada exterior da Peixería con elementos fixadores que impidan que os materiais se vaian desfacendo co paso do tempo, e no pintado das paredes do interior do edificio.
Esta obra completa ña levada a cabo hai uns meses cun orzamento de 137.000 euros e que consistiu na limpeza das tellas e arranxo do tellado, na instalación dun sistema de impermeabilización baixo a cuberta, na posta en valor das cerchas de ferro, no arranxo dos canalóns de recollida de augas e no pintado do enreixado. A maior parte do proxecto tiña como obxectivo acabar cos problemas de filtracións de auga e humidades que se estaban a rexistrar debido ao mal estado do tellado do edificio que se utiliza para acoller actos públicos e que estaba deteriorándoo de xeito acelerado.
Coa actuación a levar a cabo agora, quedaría rematada a mellora integral da Peixería, proxecto que se enmarca n aliña de actuación que segue o goberno socialista de recuperación, conservación e posta en valor do patrimonio local.
Aínda que o proxecto remitiuse xa hai tempo a Patrimonio, a Comisión non se reúne no mes de agosto, polo que haberá que esperar a setembro para contar coa autorización do organismo. Para ir adiantando, o Concello irá sacando a obra a licitación para poder comezar cos traballos tan pronto como chegue o visto bo de Patrimonio.