_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
San Roque 17 terá acento galego e ritmos que van do folk ao heavy, pasando polo indi pop, o rock e os boleros

A música galega dominará a banda sonora das Festas de San Roque 2017 xa que, un ano máis, a Concellería de Cultura volve a apostar por unha nutrida presenza de grupos locais e galegos como principais atractivos do programa festivo. Coas últimas incorporacións xa pechadas, o programa inclúe os concertos de bandas de estilos que van dende o indi-pop e o folk, ata chegar ao heavy e o rock, pasando pola música de corda e os fados. A participación local complétase cos grupos de gaitas do municipio que se encargarán dos pasa rúas diarios.
27.07.2017.- O desfile de grupos do país comeza xa o primeiro día das festas, o 10 de agosto, co concerto na Xunqueira de “Presumido”. A banda galega de indi-pop presenta en Vilagarcía o seu primeiro disco “Vendetta” que se basa nos clásicos do xénero electro-pop, como Depeche Mode, e noutras referencias máis contemporáneas, como Daft Punk.

O ritmo cambia o venres 11, con sons más metálicos a cargo dos grupos “Enki” e “Aquelarre” nos que participan varias músicos de Vilagarcía. A música de Enki é o resultado de influencias de grove metal ou melodic deaht aol school e contan cun directo enérxico.
Baixo a apariencia dun grupo de power metal, Aquelarre agocha un estilo único e sorprendentemente fresco que conecta moi ben co público.

Os xóvenes vilagarciáns de TNT Band, serán os encargados de telonear ao mítico Rosendo coas súas versión de temas de rock , e punk reaggy que enriquecen cos temas compostos por eles mesmos. Será o luns 14 na Xunqueira.

Para un sector de público diferente, o día de San Roque a Xunqueira acollerá a actuación da formación de acordeóns e voces “Arosa Bay” que interpretará os temas do seu último disco “Tu cuerpo bolero” coa colaboración especial da artista consagrada María do Ceo.

O catoirense Roi Casal será o encargado de amenizar a velada do día 17 coa fusión musical que propón no seu espectáculo “Son galego, Son Cubano” que xa levou á mesma Habana o ano pasado.
Outros clásicos vilagarciáns, os “7 Setenta” ofrecerán o concerto dio día 18 na Xunqueira para facer bailar e vibrar, como sempre, aos seus moitos seguidores.

As actuacións de grupos locais nestas festas que se aveciñan rematarán o día 25 con concerto conmemorativo do décimo aniversario do dúo acústico “A Gramola”.
As festas contarán ademais coa participación da meirande parte dos grupos folclóricos e de gaitas do municipio que serán os encargados de animar as rúas durante todos os días das festas, maiores do xa tradicional Encontro Folclórico Malveiras que terá lugar o día 26.

A aposta da Concellería de Cultura pola iniciativa local e galega complétase ao encargar a empresas autóctonas as producións artísticas e técnicas dos espectáculos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -