EMPREGO
O Concello formará durante 3 meses e premiará con 9.000 euros aos mellores proxectos de emprendeduría O goberno de Vilagarcía creou os I Premios Emprendemento Concello de Vilagarcía de Arousa-Emprende VGA, co obxectivo de impulsar e axudar á posta en marcha das mellores e máis novidosas iniciativas empresariais ou de negocio a desenvolver no termo municipal. Os premios, que acaban de ser convocados en tres meses de formación e mentorización aos gañadores en cada unha das tres categorías, na difusión e publicidade dos proxectos e na concesión de 3.000 euros en metálico para contribuír á financiar os gastos iniciais dos negocios. O prazo de presentación de candidaturas xa está aberto.
28.07.2017.- Con esta nova acción promovida pola Concellería de Promoción Económica e Emprego que dirixe Juan Antonio Pérez Callón, o Concello segue a apostando polo emprendemento como fórmula para crear emprego e, consecuentemente, como dinamizador da economía local.
Os I Premios Emprendemento Concello de Vilagarcía 2017- Emprende VGA constan de 3 premios cos que se recoñecerá o mellor proxecto de cada unha das tres categorías recollidas: premio á mellor iniciativa empresarial, premio á actividade comercial máis innovadora e premio ao mellor proxecto turístico relacionado co mar.
Os galardóns inclúen a mentorización e asesoramento individualizados durante 3 meses, formación que financia o Concello e que se impartirá a través do Coworking DallequeDalle que será o encargado de elixir aos mentores entre os profesionais e expertos relacionados coa rama dos proxectos vencedores. Cada un dos gañadores tamén recibirá unha suma económica de 3.000 euros que tamén concede o Concello e finalmente, así como a promoción das respectivas iniciativas. En total, O Concello destina a estes premios un orzamento 15.534 euros.
Prazos
As bases do premio foron publicadas no BOP o día 24 de xullo, polo que os interesados xa poden presentar os seus proxectos, seguindo o procedemento e aportando a documentación que se indican nas propias bases. O prazo remata o 11 de agosto. Seleccionaranse 3 proxectos por cada categoría que se darán a coñecer o 23 de agosto e o día 29 dese mesmo mes, deberán expoñer oralmente os seus proxectos ante o xurado o día 23 de agosto, tras o cal haberá unha deliberación e farase público o fallo definitivo cos tres vencedores desta primeira edición dos premios.
A convocatoria está aberta a emprendedores, autónomos, startups ou estudantes universitarios ou de ciclos que teñan un proxecto de negocio viable en fase de desenvolvemento para iniciativas a poñer en marcha en Vilagarcía, e nos que se valorarán especialmente os criterios de innovación e de fomento da economía azul (orientados a responder ás necesidades básicas dos recursos locais dispoñibles, respectando o medio ambiente). As candidaturas poder ser de proxectos que aínda non están en marcha, como aqueles que empezaron a súa andaina nos 24 meses anteriores á convocatoria do premio.