_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
As bolsas municipais para estudos universitarios e superiores poden solicitarse ata o 31 de agosto

O Concello de Vilagarcia informa que o día 1 de agosto abriuse o prazo de presentación de solicitudes para recibir as axudas municipais a estudos universitarios e de ciclos superiores. A diferenza da primeira convocatoria realizada o ano pasado, nesta as axudas concederanse a ano vencido, é dicir en relación ao curso 2016/17, polo que os interesados deberán presentar os xustificantes de matrícula e notas relativos a ese curso. As axudas concédense an base a criterios de ingresos da unidade familiar e serán de 400 euros para estudos universitarios e similares e de 200 para ciclos superiores de FP ou da UNED. O prazo de solicitude remata o 31 de agosto.
02.08.2017.- O goberno que preside Alberto Varela creou o ano pasado estas bolsas en vista dunha realidade social que estaba acontecer como consecuencia da crise económica que estaba a dificultar mesmo impedir que os fillos de familias con rendas máis baixas ou cuxos proxenitores quedaron sen traballo puideran seguir estudando. Por iso as bolsas s concédense en función ao nivel de renda.
Unha novidade que se aplica este ano como requisito para concedelas e que os beneficiarios teñan superado, polo menos, o 50% das materias do curso nas que estivera matriculado en 2016/17.

O ano pasado recibiron estas axudas do Concello 97 estudantes universitarios e ciclos superiores de FP entre os que se distribuíron máis de 36.000 euros.
Os interesados poden consultar as bases e obter os formularios de solicitude nas dependencias das Concellerías de Educación e Servizos Sociais e a través do taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.gal . Nas bases, que se publicaron no BOP do 31 de agosto, figuran os requisitos que se deben cumprir e a documentación a presentar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -