_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Llega800 soluciona de balde os fallos de recepción na TDT causados por outra fase do despregue da 4G

As principais operadoras de telefonía móbil teñen previsto desenvolver nas vindeiras semanas en Vilagarcía unha nova fase da implantación da tecnoloxía. Dado que esta tecnoloxía móbil comparte frecuencia coas canles de televisión dixital (TDT), a sociedade llega800 advirte que poden producirse interferencias ou fallos de recepción nas sinais televisivas, polo que poñen a disposición dos usuarios a web http://www.llega800.es e o teléfono gratuíto 900 833 999 para comunicar incidencias e enviar un técnico a resolvelas completamente de balde.
03.08.2017.- As operadoras de telefonía móbil, Telefónica, Vodafone y Orange, comezaron a ofrecer o ano pasado servizos sobre a rede 4G na banda 800MHz, p que permitirá aos usuarios gozar de conexións móbiles de alta velocidade sobre tecnoloxía LTE (4G) cunha mellor cobertura no interior dos edificios e dispoñibilidade do servizo nunha maior extensión xeográfica. O despregue completo da tecnoloxía 4G culminará en marzo de 2018.

Segundo o establecido no Real Decreto 805/2014, de 19 de setembro, con data 1 de abril de 2015, se procedeuse á liberación das frecuencias entre 790 e 862 MHz (canais 61 ao 69 de UHF) que ata entón se empregaban para a recepción da televisión dixital terrestre, proceso tamén coñecido como Dividendo Dixital. A partir de entón, ditas frecuencias foron asignadas ás operadoras de telefonía móbil para prestar os seus servizos de telefonía móbil 4G.

Llega800 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión do 4G na banda 800 MHz e a recepción do servizo de TDT.

Adaptación gratuíta de antenas

Llega800 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúen, por un lado, unha actuación previa, grazas á cal os veciños que residan en zonas de maior afectación recibirán unha comunicación no seu domicilio que lles informará de que a partir dese momento poderán solicitar de forma gratuíta a adaptación da antena do su edificio para evitar posibles incidencias.
E, por outro, un procedemento correctivo, tras o acendido das estaciones, por o que llega800 se encargará de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións tamén sen custe algún.

Para xestionar estes servizos, púxose a disposición dos cidadáns un teléfono de atención gratuíto (900 833 999) e unha páxina web http://www.llega800.es .

Máis e mellor cobertura

Coa rede 4G ábrese a porta a innovadores servizos e aplicacións, ademais de proporcionar significativas melloras tanto na velocidade de descarga, como de envío de datos -fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición- ou permitir sacar o máximo partido a aplicacións on line, como os vídeo xogos.

“Esta rede avanzada de telefonía móbil introduce dúas melloras fundamentais. A primeira avantaxa consiste en que resolve moitos problemas relacionados con orografías complicadas onde tradicionalmente fallaba a cobertura. A súa outra avantaxa destacable é a gran penetración en zonas interiores dos edificios” explica Daniel Espín, portavoz de Llega800.

A nova xeración da tecnoloxía 4G tamén facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e das administracións públicas, como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da vídeo chamada, entre outros.

Ademais, a maior cobertura que alcanza o 4G na banda de 800MHz mellorará o servizo no interior de edificios e será a banda que permita estender xeograficamente o servizo de forma eficiente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -