_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Patrimonio autoriza o proxecto de substitución das varandas do río no entorno de Vista Alegre e Xunqueira

A Comisión Provincial de Patrimonio da Xunta de Galicia vén de aprobar o proxecto presentado polo Concello de Vilagarcía para substituír as varandas do río do Con no entorno de Vista Alegre. Cun orzamento de 100.000 euros, trátase dunha actuación máis das que está a levar a cabo e programar o goberno local para mellorar a imaxe e poñer en valor a zona histórica e monumental de Vista Alegre e Castro de Alobre.
05.08.2017.- O proxecto financiarase cos fondos provinciais que lle corresponden a Vilagarcía a través do POS 2017. Como se sabe, o conxunto histórico de Vista Alegre está declarado como Monumento Histórico nacional, de aí que calquera actuación na súa contorna debe ser avaliada e autorizada pola Dirección xeral de Patrimonio. Este trámite é o que se acaba de superar, polo que agora só hai que esperar a que a Deputación provincial confirme a concesión da subvención para poder poñer en marcha o procedemento de licitación da obra.

O proxecto deseñado polo Arquitecto das Áreas de Rehabilitación Integradas do Concello, Iago Fernández Puentes, propón actuar nas dúas marxes do río que discorren entre a Ponte de Vista Alegre e a de Doutor Tourón, así como en todo o borde do afluente e estanque do parque, o que discorre paralelo á fachada posterior do Convento.

Para as dúas varandas do Con proponse un tratamento similar, non como na actualidade, na que cada marxe ten un deseño distinto. Cos mesmo materiais, pero cun deseño diferente, se substituirán as actuais varandas do estanque, atendendo tamén a criterios de seguridade dado que se trata dunha zona moi utilizada polos cativos que xogan na zona e se asoman a ver os parrulos.
Con esta actuación preténdese mellorar as condicións estéticas e de seguridade, así como incidir na integración ambiental dun espazo altamente frecuentado por ser unha zona principal de esparexemento do centro urbano.


En concordancia cos criterio seguidos en actuacións anteriores no municipio, os materiais a utilizar, ademais de incidir na sinxeleza e estética do deseño, terán que contar ademais coas características de resistencia e durabilidade, de feito que eviten a realización constante de tarefas de mantemento e os conseguintes custes do mesmo. Por esta razón, proponse o uso de aceiro cortén como o usado nas escaleiras de Vista Alegre e o Castro de Alobre, sitos tamén na mesma contorna, combinado con pedra.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -