_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Ábrese o prazo para anotarse no obradoiro de acompañamento ao parto

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía informa de que xa está aberto o prazo para anotarse no obradoiro de acompañamento ao parto para parellas. “Unha viaxe común de 40 semanas e unha vida” é unha iniciativa que ten como obxectivo asesorar aos dous membros da parella e favorecer a implicación da figura do proxenitor en todas as fases do proceso. A actividade será impartido por unha psicóloga e unha matrona e un pediatra. Nesta primeira edición ofértanse prazas para 8 parellas que se cubrirán por orde de inscrición. A participación é gratuíta.
07.08.2017.- Esta novidosa actividade formativa en materia de igualdade e corresponsabilidade comezará a impartirse en setembro

Este obradoiro de acompañamento ten como obxectivo favorecer o coñecemento dos procesos e cambios físicos e emocionais que sofre a nai durante a xestación, o parto e o postparto, pero con implicación da figura paterna no rol do pai mediante o coñecemento dos procesos e participando activamente neles, corresponsabilizándose no coidado pre, peri e postnatal. Despois do parto, traballaranse aspectos relacionados cos coidados básicos do recén nacido, os seus controis sanitarios a evolución normal e os sinais de alarma.


O obradoiro está dirixido a parellas que se atopen esperando un bebé e que superaran o segundo trimestre de xestación (arredor do sexto mes de embarazo). Terá unha duración de 20 horas (14 durante a xestación e 6 no postparto) Repartiranse en sesións grupais de dúas horas de duración, cada quince días. Impartiranse os martes en horario de 19:390 a 21:30 nas instalacións do Gabinete Gea, na Avenida da Mariña, 26.

O cursiño comezará o 12 de setembro e ofértanse prazas para 8 parellas. A participación é de balde e os interesados deberán formalizar a súa inscrición a partir do 7 de agosto, directamente nas dependencias da Área de Igualdade do Concello ou mediante o correo electrónico muller@vilagarcia.gal . O formulario de inscrición está dispoñible no taboleiro de anuncios da web municipal http://www.vilagarcia.gal

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -