CONCELLO
O Concello concede 17 autorizacións especiais de taxis con motivo da Festa da Auga Con motivo dos milleiros de persoas que acoden cada ano a Vilagarcía con motivo da celebración da festa da Auga, o Concello de Vilagarcía reforza diferentes servizos, entre eles o de taxis, media posta en marcha por primeira vez o ano pasado. Nesta ocasión, a Xunta Local de Goberno aprobou onte a proposta da Concellería de Seguridade Cidadá para conceder 17 autorizacións especiais para que taxis de municipios veciños poidan traballar durante a madrugada e o día da Festa da Auga en Vilagarcía e atender a inxente demanda de transporte público que se xera.
08.08.2017.- As 17 autorizacións especiais foron concedidas a titulares de licenza de taxi que contan cos preceptivos permisos administrativos que os facultan para o desenvolvemento do referido servizo de transporte público de persoas. Por un lado, dáse permiso aos 12 autopatronos de Cambados e 4 de Vilanova que solicitaron conxuntamente o permiso a través do colectivo de Radiotaxi de Vilagarcía, máis outro taxi de Cambados que presentou solicitude individual. Estes vehículos súmanse aos 40 taxis operativos en Vilagarcía.
Os vehículos están dotados con taxímetro polo que se aplicarán as tarifas en vigor segundo a lei autonómica.