_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SANIDADE
Varela rexeita de pleno o desmantelamento do Hospital do Salnés agochado tras o novo mapa sanitario da Xunta

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, rexeita de pleno o novo mapa sanitario que a Xunta pretende poñer en marcha mediante o Anteproxecto de Lei que vén de publicar e que en opinión do socialista, suporá o desmantelamento do Hospital do Salnés e a súa conversión nun mero ambulatorio dependente de Pontevedra. O rexedor manterá esta semana unha xuntanza co persoal do centro de Ande para coñecer a súa opinión e establecer a liña de actuación a seguir para tratar de impedir que a Xunta leve a cabo este prexudicial medida para todos os cidadáns, e xa anuncia que o grupo socialista levará mocións ao Pleno do Concello e da Mancomunidade e unha iniciativa ao Parlamento Galego a través do deputado Julio Torrado.
08.08.2017.- Varela Paz considera necesaria unha gran mobilización política e social na comarca para frear os plans do goberno de Feijó , que pretende dar un paso máis nun pernicioso modelo de concentración sanitaria que pon os criterios económicos por riba das saúde das persoas.

Segundo o que se deduce o Anteproxecto que a Xunta acaba de publicar en pleno mes de vacacións e con so quince días de prazo para presentar alegacións, O Salnés volve a perder entidade, pasado de ter a consideración de área sanitaria a ser un distrito totalmente dependente de Pontevedra. De non impedilo, a aprobación deste modelo traducirase en máis recortes de medios e de persoal, perda se servizos, a desaparición de máis especialidades, detrimento das condicións laborais do persoal sanitario e, como consecuencia de todo elo, unha deficitaria atención aos cidadáns que deberán desprazarse a Pontevedra para ser atendidos.

Por todo isto, nas distintas iniciativas que se están a elaborar solicitarase aos responsables da Xunta que recapaciten e reconsideren a medida e que, en caso de ser necesaria unha reordenación, a negocien e consensúen previamente e sen presas co persoal sanitario do centro e se faga de forma transparente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -