_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Comenzan as obras de mellora do edificio da sala de árbitros das pistas de atletismo

.- A construtora CCS comezou hai uns días os traballos de mellora do edificio da sala de árbitros das pistas de atletismo e da zona de almacén contratados polo Concello. A actuación era moi necesaria posto que as instalación se atopaban moi deterioradas debido a falta de mantemento durante anos. Os traballos teñen por obxecto acabar coas filtracións de humidade e mellorar a estética interior e interior das dependencias. A previsión é que estean rematados a mediados de setembro, xusto para o inicio da temporada deportiva.
10.08.2017.- O Concello investirá 43.000 euros nestas obras que se centrarán na restauración e adecuación das instalacións a unhas condicións estéticas e de acabado que cumpran o cometido para as que foron deseñadas.

Entre as actuacións máis salientables que se inclúen nesta obra están a substitución da tella da cuberta por unha nova convenientemente selada e a instalación dunha canaleta de recollida de pluviais na zona posterior do tellado dos aseos e as fachadas e demais elementos exteriores trataranse cun sistema impermeabilizante anti fisuras. Ao pavimento exterior da planta alta daráselle un acabado con pintura para uso en solo e á varanda metálica existente tratarase cunha capa de esmalte.

No interior colocarase un novo falso teito de pladur ou similar e reporanse as pantallas eléctricas. No almacén colocarase unha porta nova e as paredes interiores de todo o edificio rematarase cunha capa de pintura ao silicato.

Coas solucións detalladas mellorarase o aspecto estético e funcional da instalación deportiva e evitarase que continúe a degradación dos materiais.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -