_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
O Concello implementa nas festas os estacionamentos coas bolsas de Carril, Marxión, A Torre e a finca De Ouro

O Concello de Vilagarcía implementa de cara ás festas patronais os estacionamentos públicos coa incorporación de novas bolsas. A partir deste mediodía xa se pode usar o novo aparcamento de Carril e están operativos a Finca de Ouro (próxima a Fexdega), os terreos da Torre (nas inmediacións do pazo da Golpelleira) e unha parcela de Marxión. O luns incorporaranse os terreos do Piñeiriño que os operarios municipais estaban rematando hoxe de acondicionar coa limpeza, recheo de fochas e o posterior pisonado que se fará o luns pola mañá.
11.08.2017.-Co obxecto de facilitar o aparcamento aos condutores que se acheguen en coche durante estas datas a Vilagarcía, sobre todo a aqueles que non coñecen a cidade, onte pola tarde comezaron as labores de instalación da sinalización de acceso a estas párkings públicos mediante carteis nas principais vías da cidade.

Cómpre lembrar que existen outras zonas de aparcamento na cidade, como as partes dianteira e posterior de Fexdega, O Ramal e a TIR ou a zona da Praza de Abastos; aínda que estes soen estar máis concorridos. Por iso, recomendase que se opte por estacionar nas bolsas abertas especialmente para estas datas e nas da periferia que, non obstante, están moi próximas ao centro urbano.

No caso dos autobuses e a efectos de previr a posible chegada dun número importante de autobuses para acudir á festa da Auga, a Concellería de Tráfico buscou unha alternativa de aparcamento. Se as prazas reservadas para este tipo de vehículos no aparcamento posterior de Fexdega non fosen suficientes, os autobuses poden deixar aos pasaxeiros na cidade e dirixirse a estacionar ao parque empresarial do Pousadoiro, para volver a recollelos unha vez remate a festa.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -