_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
MEDIO AMBIENTE
As oito comunidades de Vilagarcía concorren ás subvencións municipais para o coidado dos montes

As oito comunidades de montes veciñais existentes en Vilagarcía concorreron á convocatoria da liña de axudas á prevención de incendios forestais creada este ano polo Concello de Vilagarcía. De xeito individual, ou colectivo, as entidades de comuneiros presentaron catro proxectos diferentes para actuar tanto en materia de prevención como de extinción dos lumes. A suma do custe dos proxectos ascende a 82.400 euros, polo que o goberno local xa adianta que incrementará a partida inicial de 70.000 euros para subvencionar o cen por cen das actuacións.
15.08.2017.- A través desta liña pódense financiar creación de devesas, tratamentos axeitados da biomasa residual, limpeza e rozas das zonas de protección para liberar vexetación accesoria á masa principal e para rarear a masa arbórea. Tamén se concederán axudas para dotar aos montes de infraestruturas preventivas necesarias para unha efectiva actuación en caso de ter que combater lumes, tales como a construción de depósitos ou puntos de abastecemento de augas. De igual xeito, serán subvencionables intervencións de silvicultura preventiva.

As comunidades de montes de Loenzo e Bamio presentaron cadanseu proxecto para levar a cabo tarefas de rareo manual e mecanizado e selección de gromos de cepa de eucalipto e frondosas despois dun lume. O orzamento das actuacións é de 6.290 e 6.098 euros respectivamente.
Pola súa banda, a Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vilagarcía presentou dous proxectos. O primeiro reúne actuacións para os montes das comunidades de Rubiáns, Trabanca Sardiñeira, Cea, Guillán e Sobrán-Vilaxoán, e ten un custe de 53.902 euros. En todos os casos, os traballos a realizar polos comuneiros de cada zona baséanse en limpeza dos montes mediante rozas manuais e mecanizadas, rareos, recollida e trituración de restos.

O segundo proxecto, aínda que presentado tamén a través da Mancomunidade é exclusivo para a Comunidade de Montes de Trabanca Badiña, e é o relativo á construción nos seus terreos dun depósito de auga para ser facilitar e axilizar as labores de extinción de lumes en caso de ser preciso. Esta actuación está presupostada en 16.087 euros.

O prazo de presentación de solicitudes rematou xa hai días. Neste momento, o proceso atópase en prazo de cumprimentación de documentación para algunha comunidade á que lle faltaba algún papel polo que, as solicitudes serán resoltas tan pronto como se dispoña de toda a información.

A creación desta liña de axudas responde ao compromiso adquirido polo goberno de Alberto varela cos BNG e o concelleiro Miguel Alves durante as negociacións do presupostos municipais para o ano 2017. Para o executivo socialista, as labores de prevención de incendios forestais son unha prioridade polo que non só apostaron pola posta en marcha destas subvencións, senón que ademais decidiron ampliar a partida inicial para cubrir o financiamento de todas as solicitudes presentadas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2017  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -