CONCELLO
O son cubano e a música tradicional galega fusiónanse na Xunqueira da man de Roi Casal As festas de San Roque continúa en Vilagarcía e con elas a música. Para a xornada de hoxe, xoves, 17 de agosto, o prato principal será o concerto que Roi Casal ofrecerá na Xunqueira para amosar o resultado dos eu último traballo discográfico, no que o son cubano e a música tradicional galega fusiónanse do mellor xeito. A ambientación de rúa correrá a cargo do grupo de baile Mar de Arousa e do grupo de gaitas e baile Xeada. Ademais, haberá verbena na Avda. da Mariña.
AXENDA PARA O XOVES 17 DE AGOSTO
12:30- Pasacalle GRUPO DE GAITAS E BAILE MAR DE AROUSA
20:30 - Pasacalle GRUPO DE GAITAS E BAILE XEADA
22:30 Avda. da Mariña- Verbena popular ORQUESTRA AMÉRICA
23:00 – Parque da Xunqueira- Concerto ROI CASAL “Son Galego, Son Cubano” O gran espectáculo musical entre Galicia e Cuba, foi presentado no Gran Teatro da Habana (Palacio do Centro Galego) no mes de Maio de 2016 con dous memorables concertos. Un show inesquecible con letras de Neira Vilas e a posta en escena dos mellores músicos de ámbolos dous países. Roi Casal traballou conxuntamente neste espectáculo con Neira Vilas ate o falecemento deste último. A xira é considerada unha fermosa homenaxe ao propio Neira Vilas e á emigración galega en Cuba, onde o escritor residiu 31 anos da súa vida para deixar rexistrada en varias das súas obras a incrible epopea dos galegos na illa caribeña.