_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Aviso de corte de rúas e restrición de aparcamentos do 17 ao 20 de agosto

Os eventos que acollerán distintas zonas de Vilagarcía, Vilaxoán e Carril dende hoxe, día 17 e ata o domingo, 20 de agosto, no marco do programa das Festas de san Roque, obrigan a realizar cortes de tráfico e restrición de aparcamentos nas zonas afectadas. Os eventos son o Festival Revenidas de Vilaxoán, a festa da Ameixa de Carril, o Combate Naval e o desfile de Carrozas en Vilagarcía. Nos lugares citados a continuación, e nos horarios establecidos, quedará restrinxido o aparcamento e non se permitirá o tráfico rodado:
VILAXOÁN: Con motivo dos preparativos e dos actos da Festa das Revenidas, permanecerán pechadas ao tráfico as rúas Revenida e Avelina Nogueira entre os días 16 e 20 de agosto.

CARRIL: Con motivo dos preparativos e da celebración da Festa da Ameixa, dende as 08:00 horas do día 20 permanecerán pechadas ao tráfico rodado as Rúa da Mariña e Alameda de Carril. Manteranse reservas de estacionamento dos días 17 a 21 de agosto nas mesmas e restricións temporais de tráfico.

VILAGARCÍA: Sábado, día 19 de agosto, Combate Naval.
Durante a tarde e a noite, manteranse diversas reservas de espazo en Rosalía de Castro (fronte á praia da Concha), Travesía de Rosalía de Castro (fronte a Caneda), Avenida da Mariña, Elpidio Villaverde e saída do Peirao del Ramal.
Ao finalizar o Combate Naval, sobre as 00,15 horas del día 20, pecharase o tráfico da Avenida Rosalía de Castro para facilitar o desaloxo da praia.

VILAGARCÍA: Domingo 20 de agosto, Desfile de Carrozas.
Rúas do percorrido: Rúa Moreira Casal, Rosalía de Castro, Constitución, Rúa Juan Carlos I, Rúa Nartallo, Praza de Independencia, Rúa Padre Feijoo, Praza de Galicia, Rúa A. Lago, Rúa Brandariz, Rúa Castelao, Rúa Xeneral Pardiñas, Rúa Covadonga, Praza de España e Rúa Vicente Risco.
Dende as 17:00 horas non se poderá estacionar nos tramos de vía afectados polo percorrido, os vehículos estacionados serán retirados pola grúa.
Ás 19:30 horas comezará a pecharanse ao tráfico rodado as vías afectadas.


A Policía advirte de que os horarios poden sufrir lixeiras variacións e o tráfico restablecerase en canto sexa posible.
Prégase a colaboración dos condutores e veciños
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -