_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía réndese esta noite ao rock dos 7 Setenta e Vilaxoán inicia o festival Revenidas

O último fin de semana das Festas de San Roque chega repleto de concertos. Por unha banda, o escenario da Xunqueira vibrará esta noite coas versións de rock clásico que interpretará o grupo 7 Setenta. Mentres, en Vilaxoán, comeza a andar o Festival Revenidas, cunha xornada inaugural na que haberá feira e varios concertos cun cartel encabezado por La Pegatina e Terbutalina. O apartado de música tradicional corre a cargo hoxe do grupo de baile O Souto de Rubiáns, que será quen realice os pasarrúas polo centro da cidade.
AXENDA PARA O VENRES 18 DE AGOSTO

Venres 18 de agosto
20:30
Pasacalle
GRUPO DE GAITAS E BAILE O SOUTO DE RUBIÁNS

23:00 – Parque da Xunqueira
Concerto
7 SETENTA
Despois de vinte anos volven o escenario da Xunqueira, 7 setenta, lugar de inicio deste proxecto iniciado en 1997 como teloneros de Adolfo Rodrigo y Guzman.
Vinte anos de andadura déronlles unha grande madurez, sabedoría e experiencia ás que se suma a frescura aportada polas novas incorporacións.



ESPECIAL FESTIVAL DAS REVENIDAS. Do 18 ao 20 de agosto- Vilaxoán
REVENIDAS17, o festival das linguas, conta con dous escenarios nun recinto pechado para os concertos de pago: o Escenario Mahou e o Escenario Rías Baixas. Ademais o festival ofrece un amplo espazo de acceso libre no entorno do porto, ao redor do edificio da Praza de Abastos e no parque de Dona Concha, onde terán lugar as actividades de balde e para todos os públicos.

Venres 18 de agosto
18:00 - INAUGURACIÓN FEIRA REVENIDA con artesanía, produtos culturais, xogos populares, actividades familiares, food trucks...

19:30- CONCERTOS
Sondarúa
Noite Fechada
Esne Beltza
La Pegatina
La Pegatina é o mellor revulsivo emocional que pode haber sobre un escenario. A súa festa é inusual polo enérxica, divertida e bailable que resulta e a banda nunca se cansa de repartir alegría alá por onde vai. Ademais de ser o grupo catalán máis internacional tamén é o máis políglota, xa que cantan en máis de sete linguas e son capaces de pasar do merengue á rumba ou ao ska cunha facilidade que acaba toleando á xente.

Terbutalina
Terbutalina faiche bailar como se te duchases todos os días en augardente. Esta banda procedente da costa oeste galega é garage-punk festeiro disparado por cinco asmáticos amantes do tabaco, a praia e o matrimonio entre políticos imputados. Desde a súa formación en 2010, este quinteto non parou de tocar, de medrar e divertir a todo o mundo. Despois de pasear o seu intenso garage-punk por infinidade de festivais e salas chegarán ao Revenidas co seu último traballo recén saidiño do forno, “Sonido Esteiro”.

Bolboreta

Vendetta

Dj Pimp
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -