_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Medio centenar de efectivos participan no plan de seguridade do Combate Naval

Medio centenar de persoas participan este ano no operativo especial de seguridade deseñado con motivo da celebración mañá do Combate Naval. O Concello é o organismo que máis efectivos dispón (38 persoas, máis numerosos medios materiais) e que se complementarán con apoio dos demais corpos e organismo que participan no Plan de Autoprotección deste multitudiario evento que se desenvolverá a partir da media noite na zona das praias da Concha e Compostela.
19.09.2017.- Como en anos anteriores, o plan concretouse en diversas reunións de traballos mantidas no Concello entre todos os corpos e organismos participantes: Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil, Policía Local, Policía Portuaria, Garda Civil do Mar, Departamento de Intervención de Armas da Garda Civil, Capitanía Marítima e Axencia Galega de Emerxencias. O concelleiro de Seguridade Cidadá e o responsable da empresa pirotécnica tamén participaron nas reunións.

O operativo que comezará horas antes do inicio do Combate, mediante o acordoamento do perímetro de protección e emprazamento dos postos de socorro e posto de mando. Éste, desprazado pola Axencia galega de Emerxencias, situarase ao inicio da Compostela, nas inmediacións do posto de socorro e dende el coordinarase e controlarase o dispositivo.

O Servizo de Emerxencias disporá unha ambulancia e dous técnicos en emerxencias sanitarias ao inicio do piñeiral da Concha e outra, igualmente equipada, nas inmediacións do posto de socorro da Compostela. O posto dos socorristas tamén abrirá como punto de primeiros auxilios e contará con 6 socorristas para actuar en caso de ser preciso e atender . Tamén estará dispoñible un quad de Emerxencias habilitado cun kit sanitario e un técnico de emerxencias sanitarias por si fora preciso desprazarse con rapidez polo areal. O servizo de Emerxencias tamén actuará dende o mar, coa 3 embarcacións dotadas cada unha delas cun patrón e un socorrista acuático.

A maiores repartiranse pola zona, en especial a máis próxima á área de lanzamento dos fogos, 5 camións de extinción do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil co respectivo persoal.

Os apoios por mar chegarán da man dos Servizo de Seguridade da Capitanía marítima e cunha embarcación da garda Civil do Mar. Por terra, 6 axentes da Policía Local, 2 da Policía Portuaria e 4 da Nacional encargaranse de regular o tráfico e organizar e velar pola seguridade dos milleiros de persoas á hora de acceder aos areais e, especialmente cando remate o espectáculo a xente comece a abandonar a zona.
O Posto de Mando da Axega contará dos 2 técnicos propios e tamén desprazará efectivos o departamento de Intervención de Armas da Garda Civil.

RECOMENDACIÓNS

Aconséllase ao público acudir con tempo e abandonar a zona de forma escalonada para evitar problemas de aglomeracións e colapso do tráfico. Aos condutores recoméndase tamén que se achegen a Vilagarcía de forma gradual e con bastante antelación e que eviten acceder ao centro da cidade dirixíndose ás bolsas de estacionamento da periferia e que esperen a que as vías se desconxestionen de xente, antes de volver a coller o coche para abandonar a vila.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -