_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
O Combate Naval incendiará o mar e ceo de Vilagarcía con 5.000 disparos de fogos de artificio

O último fin de semana das Festa de San Roque chega co tradicional Combate Naval, o espectáculo pirotécnico que se desenvolverá a partir da media noite do sábado, 19 de agosto, na zona do Peirao do Ramal e as Praias de Compostela e A Concha. Para o festival de luz e cor utilizaranse este ano máis de 600 quilos de pólvora que se lanzará en 5.000 disparos. As novidades chegarán na colección de fogos aéreos, coa introdución da gama de tonos pastel e no ceo volverán a verse corazóns e as cariñas sorrintes ou “smiles”.
19.08.2017.- Pirotecnia Penide é a empresa que se encarga dende hai anos da organización do tradicional Combate Naval, un espectáculo de fogos artificiais que rememora a batalla de Callao, en Perú, e que iniciou a celebrarse hai 151 anos. De aí a batalla final entre o barco e o castelo.

O Combate deste ano terá unha duración de 22 minutos ininterrompidos nos que , nas 60 seccións de disparos variados, combinarán os fogos aéreos cos acuáticos e tamén lucería en terra lanzados mediante carcasas, baterías e candeas romanas.

A segunda parte do espectáculo será na que se desenvolva o Combate naval propiamente dito, co ataque do barco ao castelo. Este contará con 30 metros de lonxitude e 12 de alto, dimensións que se incrementaron o ano pasado con motivo do 150 aniversario do Combate Naval, e que se manteñen este. Tamén se manteñen as 3 embarcacións que serán as que atacarán ao Castelo cos seus disparos de artificio.

O broche final chegará coa gran traca final de fogos voadores.

SUBVENCIONADO POLA DEPUTACIÓN

O Concello de Vilagarcía conta este ano cunha subvención da Deputación provincial de Pontevedra para financiar parte do orzamento do Combate Naval. A través do POS 2017, o organismo provincial subvenciona o espectáculo pirotécnico coa concesión de 18.000 euros. O Concello achega unha cantidade similar.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -