_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
Igualdade ofrece 12 prazas para un obradoiro de autocoidado para mulleres

A Área de Igualdade- CIM do Concello de Vilagarcía pon en marcha en setembro un obradoiro de auto coidado para mulleres que leva por título "Eu muller, coñézome, cóidome, quérome". A actividade é de carácter gratuíto e está destinada a mulleres de 40 anos en diante. Será impartida por unha psicóloga do Gabinete Gea e ofrécense 12 prazas. As interesadas poden inscribirse a partir do luns, 21 de agosto, e ata o 15 de setembro, presentando a solicitude directamente nas dependencias de Igualdade, ou por correo electrónico ( muller@vilagarcia.gal ), enviando cuberto o formulario que está pendurado no taboleiro desta web.
19.08.2017.- O obxectivo deste obradoiro é dotar ás mulleres dunha serie de recursos cognitivos, afectivos e conductuais que lles permitan un coñecemento de si mesmas, dos seus cambios ao longo do seu ciclo vital, coñecer a súa sexualidade e expresala libremente, tomar consciencia do seu corpo e aceptalo, así como facer fronte a diferentes situacións vitais de xeito saudable.


Cando a muller se coñece e se acepta, entende os seus cambios e procesos, comeza o camiño cara a mellora da auto estima. O auto coñecemento proporciona un poder que lle leva a unha mellor xestión emocional, resolución de problemas, vivencia satisfactoria das súas relacións sociais e de parella e de facer fronte ás situacións de estrés de forma máis positiva.


O obradoiro impartirase do 20 de setembro ao 8 de novembro en 7 sesións de hora e media a celebrar os mércores de 19.30 a 21,00 horas nas dependencias do Gabinete Gea, na Avenida da Mariña.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -