_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os alumnos do Piñeiriño disporán este curso de comedor grazas á participación do concello

O colexio do Piñeiriño disporá de comedor escolar no curso que está a piques de comezar. A insistente reivindicación da comunidade educativa do centro farase realidade grazas á participación do Concello de Vilagarcía, que pese a tratarse dunha competencia exclusiva da administración autonómica, aportará 35.000 euros para a creación do servizo. O goberno local que preside Alberto Varela tomou a decisión de cofinanciar a obra ante a persistente negativa da Consellería de Educación a facelo ela integramente, tal como lle correspondería, e para garantir que se atenda unha demanda que beneficiará moito tanto aos nenos e nenas escolarizados no Piñeiriño como as súas familias.
19.08.2017.- Segundo o acordo acadado entre o Concello e Educación, a creación do comedor escolar financiarase entre as dúas administracións. O Concello aportará 35.000 euros e a Consellería preto de 40.000. Con estes cartos quedará dotada a instalación. A previsión é que o comedor entre en funcionamento co curso xa en marcha, dado que é materialmente imposible ter a instalación lista e contratado o servizo para dentro de tres semanas, que é cando se inician as clases.


En canto ao trámite administrativo, o goberno local xa está buscando a partida da que obter os 35.000 euros e terá que asinarse un convenio coa Consellería, tal como se fixo para a construción do ximnasio do CEIP de Rubiáns. Tamén neste caso foi precisa a intervención do Concello aportando fondos para conseguir que a Xunta atendese a reivindicación deste outro centro para que o alumnado dispuxera dun lugar seguro e axeitado para impartir as clases de educación física, xa que no pavillón co que contaban chovía dentro e era impracticable e inseguro.


Dende o goberno local apuntan que "nos gustaría que a Consellería de Educación asumise dunha vez as súas competencias e atendese, como é a súa obriga, as demandas dos centros escolares de Vilagarcía, en especial as máis necesarias e urxentes, en lugar de trasladar a este Concello custes de actuacións que non nos competen". O equipo de Varela engade que "maila isto, os vilagarciáns depositaron neste goberno a súa confianza e nós consideramos que, dentro das nosas posibilidades económicas, debemos facer o que poidamos para atender as súas demandas e, sobre todo, para evitar que un colectivo, neste caso o dun numerosos grupo de escolares e as súas familias, salga prexudicado pola falta de compromiso da administración competente. Trátase de vontade política, e pola nosa parte témola toda".


O CEIP do Piñeiriño facía tempo que reivindicaba ante a Consellería a dotación de comedor escolar no centro debido a demanda existente e ás necesidades das familias tanto económicas como de conciliación. As reiteradas negativas da administración autonómica propiciaron a mobilización das familias ás que o goberno local dou o seu apoio. O executivo socialista actuou de mediador e fixo as xestións oportunas e o alcalde, Alberto Varela, trasladou directamente ao conselleiro de Educación esta e outras demandas dos centros educativos do municipio. Tras este encontro, emprazouse ás partes a unha segunda xuntanza, neste caso entre o xefe provincial e o concelleiro de Educación, Argimiro Serén, para concretar as posibles solucións.


Necesidades noutros centros

Ademais de acordar o cofinanciamento do comedor do Piñeiriño, neste último encontro o edil acadou varios compromisos do xefe provincial relativos ás necesidades noutros centros educativos que tamén son competencia autonómica. Neste sentido, o responsable da Consellería asegurou que revisarían a instalación eléctrica da Escola Unitaria de Bamio, que en Vilaxoán se investirán 75.000 euros para rematar o cambio de fiestras e que atenderán a demanda de canastras e material deportivo da Lomba, para o cal ao inicio do curso a dirección deberá cursar unha petición por escrito.


Tamén se falou do problema do transporte escolar do Rosalía de Castro e de Rubiáns. No primeiro caso, a solución segue sen chegar, aínda que se apuntou a posibilidade de que a situación puidera mellorar co novo Plan de Transporte público da Xunta. E no caso de Rubiáns, cuxo problema reside en axustar uns minutos o horario, o xefe provincial dixo ao concelleiro que ao inicio do curso falaría coa dirección para abordar o tema.


O responsable da Consellería tamén confirmou que incrementarán en 3.500 euros a asignación que lle dan ao colexio Arealonga para poder continuar coa renovación dos baños que se ven facendo coa colaboración do Concello. O centro encárgase da compra do material e os operarios municipais executan as obras. Do mesmo xeito, o xefe provincial indicou que tamén se eleva en 4.000 euros a asignación ao centro da Escardia para gastos de funcionamento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -