_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A XV Festa do Voluntariado celébrase o sábado na Praza de Galicia coa participación de 20 entidades sociais

A Concellería de Xuventude e Solidariedade do Concello de Vilagarcía adianta a este sábado, 26 de agosto, as celebracións do Día Internacional do Voluntariado, que se conmemora mundialmente cada 31 de agosto. Con motivo desta data, a Praza de Galicia acollerá o sábado o XV Festa do Voluntariado.na que este ano participarán 20 organizacións sociais que disporán dos seus propios stands para amosar ao público o traballo que realizan e invitar á xente a colaborar facéndose voluntarios. Tamén haberá un amplo programa de actividades lúdicas para todos os públicos, cuxa organización corre a cargo da Concellería de Xuventude e Voluntariado que dirixe Sonia Outón.
22.08.2017.- Con este evento, o Concello pretende recoñecer a labor altruísta e en favor dos colectivos máis desfavorecidos que prestan todas estas entidades, as cales desenvolven a súa función en Vilagarcía e contorna, así como darlles protagonismo tanto a elas como aso seus voluntarios. Outros obxectivos son captar máis voluntarios, sobre todo entre as persoas maiores e axudar aos colectivos á facer novos socios e incrementar os seus ingresos.

As entidades que participan este ano son:

Cruz Vermella, Cáritas Interparroquial de Arousa, AGL (Asociación Galega de Linfedema), Agrupación de Voluntarios de Protección Civil Vilagarcía, Apap (Asociación Potectora de Animais e Plantas), Con Eles (Asociación Diminuídos Psíquicos), Lar Pro Saúde Mental, Afasal (Asoc. Familiares de enfermos/as de Alzheimer), Proxecto Home, Plataforma Galega Contra o Narcotráfico, LRG (Liga Reumatolóxica Galega), Fundación Artiaga, Aldaba, AREVA (Alcohólicos/as Rehabilitados/as), Solidariedade Internacional de Galicia, Alcer-Pontevedra (Asoc. De loita Contra as Enfermidades de Ril), APACOS (Asociación Pais/Nais do Centro Ocupacional do Saiar), Asociación TDAH Comarca do Salnés, ADAHPO (Asociación déficit de atención-hiperactividade e necesidades específicas de apoio educativo de Pontevedra)e Callejeritos Colonias sin Hogar.

Programa

Os stands que integran a Cidade do Voluntariado abrirán na Praza de Galicia ás 11 horas e ás 11.30 procederase á inauguración oficial da Festa. A partir dese momento comezarán a impartirse os diferentes obradoiros a impartir por diversas entidades de acción social. Son os talleres de Refugallo para nenos e nenas de 5 a 12 anos (a cargo de Cruz Vermella), os
obradoiros interactivos e de sensibilización (a cargo da Fundación Artiaga) e o de manualidades e xogos educativos (a cargo de ADHAPO). Os nenos e nenas a partir de 12 anos tamén poderán participar de forma activa na elaboración do Mural polo Voluntariado (a partir de 12 anos) (a cargo de Fundación Aldaba).

As entidades disporán nos seus postos de información dos programas que desenvolven, así como dos produtos que elaboran e que se venderán ao público con fins solidarios e comercio xusto

O ambiente festivo elevarase coa actuación para público familiar: “Antía e Wamba o Regato Pequeno” de Tropa de Trapo (actividade subvencionada polo Fondo Galego de Cooperación)
Ás 12:30 horas haberá unha exhibición e concurso canino (a cargo da Protectora de Animais) e ás 13.00 horas a que efectuará a agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vilagarcía. A XV Festa do Voluntariado rematará ás 14.00 horas.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -