_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
A Noite das Meigas leva maxia, música e queimada á última fin de semana das festas de agosto

Vilagarcía segue de festa ata a última fin de semana de agosto, días nos que o Concello aínda ten programados diversos actos lúdicos, culturais e solidarios. Entre eles, a Noite das Meigas que se celebrará o sábado pola noite e que encherá de ledicia as rúas peonís do casco urbano. Dez poboados meigos emprazaranse nos lugares habituais para alegrar a velada con música, disfraces, rosquillas e queimada. A novidade deste ano é que o espectáculo pirotécnico será na Avenida da Mariña.
23.08.2017.- A festa promovida polo Concello conta coa colaboración e participación de 10 colectivos veciñais e culturais do municipio que serán os encargados de animar os poboados meigos habilitados en distintos lugares do centro da cidade. O Concello encárgase da montaxe dos poboados e da loxística necesaria para que a ambientación estea a punto á tardiña. A Concellería de Cultura aporta os 600 litros de augardente, 100 quilos de azucre, as laranxas, limóns e o café necesarios para elaborar a tradicional queimada que todos os poboados servirán de balde a partir da media noite. Tamén por deferencia de Cultura repartiranse 3.000 rosquillas entre os asistentes e 300 cunquiñas de barro para servir a queimada.

A carta gastronómica amplíase coas especialidades que cada entidade aporta a motu propio e que van dende os callos ata a tortilla, pasando por empana , os chourizos ao viño ou a bica.

A festa comezará ás 22:00 horas e o reparto da queimada farase a partir da medianoite, momento no que tamén se producirá a queima da meiga e o espectáculo pirotécnico na zona da Mariña.

Os colectivos que participan na Noite das Meigas deste ano e os emprazamentos dos seus poboados son: o Noso Lar (Alameda), Fontefría de Guillán (Juan García), Malveiras de Carril (Praza de Galicia), A Cantarela (Castor Sánchez esquina Avd da Mariña), A.C Lumarada Xardíns da Praza de España), Zona Aberta (esquina Valentín Viqueira coa Baldosa), Nós de Sobradelo ( Rey Daviña) Os Remolóns (Castelao fronte a farmacia Bermejo), La Junquera-Protección Civil (O Castro) e A.C. Cantareiras Bulideriras de Fontecarmoa (Final da Rúa Castelao inicio Vista Alegre).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -