POLICÍA LOCAL
O parque de educación vial da Policía renova vehículos con catro karts a pedais e dous remolques A Policía Local renova este ano o parque móbil do departamento de Educación Vial coa adquisición de catro karts a pedais e dous remolques con asento. O concelleiro de Tráfico, Juan Antonio Pérez Callón, e a Xefa da Policía, María del Carmen Roca presentaron os vehículos que substituirán aos dous karts a gasolina que se viñan utilizando ata o de agora. O cambio responde tanto a criterios medio ambientais como a dos de promoción do uso de medios de transporte alternativos e saudables. Ademais, cos remolques incídese nas acción de integración xa que serán utilizados polos rapaces e rapazas con problemas de mobilidade que non poden pilotar, pero si gozar igual do circuíto de educación vial como pasaxeiros.
23.08.2017.-O catro karts e os dous remolques adquiríronse mediante unha axuda da deputación provincial que ascendeu a 2.200 euros, máis os 9000 euros que puxo o Concello para completar o orzamento. Estes vehículos utilizaranse xa nas actividades de educación vial que a Policía pon en marcha coincidindo co curso escolar. As actividades desenvólvense durante todo o curso e consiste en charlas para o alumnado dos centros educativos do municipios de todos os niveis do ensino, dende o primeiro ciclo de Educación Infantil ata Secundaria e Bacharelato. Dous axentes encárganse de impartir as sesión cuxos contidos se adaptan ás idades dos alumnos. O programa remata en primavera co Parque de Educación Vial onde alumnos de 5 e 6ª curso de Primaria e os dos centros de Educación Especial, poñen en práctica o aprendido pilotando os karts por un circuíto que simula unha cidade e actuando como péons no mesmo.
Na pasada edición participaron nas charla do programa de Educación Vial preto de 5.000 alumnos de diferentes idades.