_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
A Deputación confirma a subvención para a obra de humanización da Praza de Galicia

A Deputación Provincial de Pontevedra vén de confirmar ao Concello a concesión da subvención solicitada a través do POS 2107 para completar a peatonalización da Praza de Galicia, razón pola cal a administración local xa puxo en marcha os trámites para sacar a licitación a obra que se pretende que comece ao longo do outono. A actuación proxectada está valorada en a 353.593 euros e o Concello xa conta dende xuño da autorización de Patrimonio da Xunta.
24.08.2017.- ENTRE PADRE FEIJÓ E CONDE VALLELLANO

O proxecto de peonalización e humanización da Praza de Galicia foi deseñado polo Arquitecto Mariano Vázquez seguindo as especificacións marcadas dende o Concello. A actuación abrangue o tramo da rúa comprendido dende o cruce con Padre Feijó ata o de Conde Vallellano. Ademais de eliminar o tráfico rodado da zona, excepto para actividades de carga e descarga ou emerxencias, o proxecto de humanización intentará recuperar a antiga imaxe de que tiña a zona por cuxas inmediacións discorría un regato que viña dende o que hoxe é a rúa Alcalde Rey Davilña, anteriormente denominada Rúa do Río. Para recrear unha zona de alameda, plantaranse especies arbóreas que aporten verde e frescor a unha Praza na que hoxe domina o gris da pedra, e construiranse unha especia de canais ou acequias ou vasos abos polas que cumprirán unha dobre función: na temporada seca funcionará a modo de fontes e na de choiva favorecerán a recollida absorción das augas e reducirán os riscos de inundacións nunha zona onde a capa freática atópase case en superficie.

O proxecto inclúe a instalación de mobiliario urbano (bancos, farois, papeleiras…), así como a revisión e renovación das redes de servizos municipais de abastecemento e saneamento.

Cómpre salientar que á hora de dar o visto boa o proxecto a Comisión provincial de Patrimonio avaliou o proxecto de forma moi positiva , destacando favorablemente aspectos como a reseña histórica que se fai da Praza e a súa contorna, así como a interpretación da mesma que se propón no proxecto, respectando os cursos orixinais das augas antes da execución dos recheos e coa introdución de acequias para previr as inundacións. Tamén se valorou moi positivamente a importante mellora estética que suporá a actuación promovida polo Concello deseñada por Mariano Vázquez.

MODELO DE CIDADE PARA GOCE DOS PEÓNS
A actuación na Praza de Galicia transformará o centro urbano da cidade, integrándose coas rúas da contorna anteriormente recuperadas para o uso dos peóns..As peonalizacións son unha das liñas preferentes do modelo de cidade que defende o goberno que preside Alberto Varela e que se enmarcan nos obxectivos de mobilidade e de avanzar nunha Vilagarcía atractiva, cómoda e sostible na que as rúas sexan dominio dos peóns. Co proxecto de humanización da Praza de Galicia en marcha, o executivo socialista, xa ten en mente a seguinte fase que afectará á Praza da Independencia e que dará continuidade á esta. Este segundo proxecto está sendo redactado polo arquitecto Leopoldo Iborra e a pretensión do Concello é executala xusto a continuación da Praza de Galicia, financiándoa cos fondos europeos dos que disporá Vilagarcía a través da liña DUSI.

REMISIÓN AOS BOLETÍNS OFICIAIS
Co obxecto de poder cumprir prazos, o Concello xa adiantara a elaboración dos pregos para sacar a licitación a obra mentres se esperaba a que a Deputación resolvese a solicitude de concesión dos fondos. Nestes momentos estase a cumprimentar o trámite para remitir os anuncios da convocatoria aos boletíns oficiais a efectos de dar publicidade ao concurso público con carácter aberto. Os prazos de presentación de ofertas abriranse a partir da publicación no último dos boletíns (DOG ou BOP).

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -