DEPORTE
Marta Rodríguez e Manuel Cores proclámanse campións absolutos do XV Torneo de Tenis de Verán As canchas de tenis do complexo multideportivo de Fontecarmoa acolleron onte as finais nas categorías absoluta do XV Torneo de Tenis de Verán organizado pola Fundación Municipal de Deportes. Marta Rodríguez proclamouse campión na modalidade feminina mentres que Manuel Cores fixo o propio na masculina. O campión de apartado de veteranos foi José Luis Padín, mentres que Álvaro Martínez e Javier Fontán venceron nas categorías dos xogadores de menor idade.
25.08.2017.- O XV Torneo de Tenis Verán celebrouse entre o 10 de xullo e o 24 de agosto. Trátase dunha das actividades tradicionais do programa de verán organizado pola Fundación de Deportes e unha das que conta con maior acollida. De feito, este ano participaron na competición 121 xogadores repartidos nas cinco categorías:
Categoría A ( años 2009 a 2005 ): 15 inscritos. Categoría B ( años 2004 -- 2000 ): 18 inscritos. Veteranos ( año 1966 y anteriores ): 12 inscritos. Absoluta Feminina: 6 inscritos Absoluta Masculina: 70 inscritos.
Xogáronse un total de 166 partidos, desenvolvéndose polo sistema de liguilla por grupos nas categorías A, B, Absoluta Feminina e Veteranos, mentres que a categoría Absoluta Masculina desenvolveuse na modalidade de eliminatoria.
RESULTADOS DAS FINAIS
CATEGORIA A Álvaro Abalo Martínez vence a Borja Martínez Senín ( 4-2 / 4-1 ).
CATEGORIA B Javier Fontán Mondragón vence a Jose Fontán Mondragón ( 7-5 / 6-3 ).
VETERANOS Jose Luis Padín Núñez vence a Juan Antonio Cores Padín ( 6-2 / 6-4 ).
ABSOLUTA FEMENINA Marta Rodríguez Mondragón vence a Marina Moral Castro ( 6-1 / 6-0 ).
ABSOLUTA MASCULINA Manuel Cores Fernández vence a Arturo Sangiao Arnejo ( 7-6/ 6-1 ).