OBRAS E SERVIZOS
O Concello investirá 15.000 euros no arranxo dos bancos de madeira das rúas Rey Daviña, Méndez Núñez e Romero Ortiz O Concello de Vilagarcía investirá preto de 15.000 euros de fondos propios no arranxo dos bancos de madeira situados nas Rúas Rey Daviña, Romero Ortíz e Méndez Núñez. A Xunta Local de Goberno aprobará o luns a memoria da actuación, tras o cal se procederá á contratación dos traballos. A intervención consiste en substituír os elementos de madeira dos 11 bancos distribuídos nestas céntricas zonas peonís.
25.08.2017.- A actuación que se vai a levar a cabo de forma inminente responde ao estado de deterioro no qu se atopan os elementos de madeira dos bancos instalados hai 8 anos cando se levaron a cabo as peatonalizacións e humanización das devanditas rúas por parte do goberno presidido por Dolores García. O intensivo uso dos mesmos, unido á humidade propia da climatoloxía á que estiveron sometidos durante estes anos, son á principal causa do deterioro que sofre a madeira, rebrandecida con síntomas de podremia debido á humidade, astelada e, nalgún caso, coa rotura de pezas como consecuencia de actos vandálicos.
A actuación proxectada consistirá na substitución integral dos elementos de madeira que forman os asentos e os respaldos dos 11 bancos (3 lineais e 8 con forma de “L”). As estruturas de aceiro cortén mantéñense e a reparación farase in situ para non afectar ao pavimento ao no ter que levantar e volver a colocar os soportes e ancoraxes. Para elo, as pezas de madeira deberán elaborarse e cortarse previamente en taller segundo as medidas de cada banco.
Utilizarse madeira de Iroko por tratarse dun material de contrastado comportamento e durabilidade en ambientes exteriores e en climas como o galego. Ademais, a madeira tratarase con aceites impermeabilizantes. A actuación financiarase con fondos propios do Concello, a través da partida destinada á compra de mobiliario urbano. Os traballos teñen un prazo de excusión de 2 meses.