_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
PATRIMONIO
As varandas da ponte de Vista Alegre renovaranse mantendo a súa característica tipoloxía de malla

A ponte de Vista Alegre mellorará a súa imaxe e manterá a súa característica imaxe coa actuación que o Concello de Vilagarcia proxecta levar a cabo nos próximos meses no marco das actuacións a executar nos vindeiros meses no Parque da Xunqueira e a contorna da zona monumental.Para complementar ao proxecto de substitución de varandas na zona do Parque, o Concello tamén renovará as varandas da ponte de Vista Alegre e o tramo que baixa cara á ponte antiga de pedra respectando a súa tipoloxía de rede de malla.
29.08.2017.- A actuación deseñada polo arquitecto da Oficina Técnica de Rehabilitación propón restaurar a estrutura existente de fundición (pés, pasamáns e barra inferior) e substituír a malla actual que se atopa en moi mal estado debido ao paso do tempo, con zonas abombadas e outras rotas e que, tras varios arranxos ao longo dos anos, presenta ata tres tipos diferentes de material. A idea á manter a tipoloxía de celosía pero utilizando aceiro cortén, material máis resistente e que irá acorde co resto das varandas a instalar na Xunqueira.

Esta actuación inclúe as dúas varandas da ponte principal de Vista Alegre, a que da acceso ao conxunto de igrexa, convento e pazo, e ao tramo das escaleiras que baixan ata a vella ponte de pedra (paralela ao lateral da oficina do INEM.

Esta obra incluirase como unha mellora a executar pola empresa que resulte adxudicataria da obra de substitución das varandas do río do Con no tramo do Parque da Xunqueira ata Doutor Tourón e tamén as do estanque, actuación esta última valorada en 100.000 euros e que se financiará cos fondos provinciais do POS 2017. Ao tratarse dunha mellora, aínda que o custe da renovación ascende a 13.389 euros, a súa execución no tería custe para o Concello.

Ao tratarse dunha actuación na contorna da zona monumental de Vista Alegre, a memoria remitiuse xa a Patrimonio para que dea a súa autorización. O proxecto das varandas da Xunqueira xa conta co beneplácito do organismo autonómico polo que, mentres se espera o desta última fase, os servizos de contratación do Concello poranse a redactar xa os pregos para sacar a licitación a obra principal e a secundaria como mellora, tan pronto como de dispoña do permiso.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -