_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
POLICÍA LOCAL
O Concello solicita prorrogar 2 meses os contratos dos 10 auxiliares da Policía Local

A Xunta Local de Goberno acordou na reunión desta semana solicitar á Xunta de Galicia prorrogar 2 meses máis os contratos de temporada dos 10 auxiliares da Policía Local. A ampliación do período do servizo é unha medida á que o Concello de Vilagarcía recorre habitualmente xa que está prevista na orde que regula estas contratacións en municipios turísticos para reforzo das plantillas das gardas locais durante os meses de verán Este ano solicitáronse 10 auxiliares polos 4 meses que establece a orde.
30.08.2017.- O Concello de Vilagarcía precisa das contratacións de temporada de auxiliares por varias razón. A primeira é o incremento poboacional que rexistra a vila en verán e que implica máis servizos por parte da Policía que teñen que axustarse ás obrigatorias libranzas e ao planing anual de vacacións. Pero tamén, porque debido a baixas e xubilacións, o plantel fixo non está cuberto ao 100% e a carga de traballo que soportan os efectivos en activo é moi elevada. Neste sentido, o goberno local que preside Alberto Varela está a dar pasos coas oposición celebradas este ano para incorporar a 3 novos axentes e coa creación de 3 novas prazas para o ano 2018.

Precisamente, por esta situación da plantilla, este ano o executivo local xa solicitara á Xunta adiantar as contratacións dos auxiliares ao mes de abril e maio, petición que foi aceptada. Por iso, coas prórrogas agora demandadas, 5 auxiliares continuarán traballando ata finais de outubro e os outros 5 ata finais de novembro. En xaneiro está previsto que se incorporen os 3 novos axentes que aprobaron as oposicións e que están realizando os cursos preparatorios na Academia Galega.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2017  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -