_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
Sart-T Case, Galo Galego e North West, gañadores dos primeiros premios ao emprendemento

O Concello de Vilagarcía fallou dou a coñecer onte o nome dos proxectos empresariais galardoados na primeira edición dos Premios Emprendemento Concello de Vilagarcía- Emprende VGA 2107. O proxecto Sart-T Case de Diego Riveiro foi seleccionado como a Mellor Iniciativa Empresarial, mentres que a proposta titulada Galo Galego, de Dolores Ramos obtivo o premio á Actividade Comercial máis Innovadora. O premio ao Mellor Proxecto Turístico relacionado co mar foi para a única candidatura, a presentada por Patricia Santos, que leva por nome, Nort West.
30.08.2017.- Sart-T Case é un proxecto de desenvolvemento de novas tecnoloxías baseado, o deseño e comercialización de carcasas solares de teléfono móbil que actúan como cargador das baterías.

Galo Galego é una proposta para a creación dunha granxa artesá e un horto ecolóxico para producir e comercializar os produtos e tamén para a realización de actividades didácticas.

Por último, North West é un proxecto de turismo formativo que se centra en traer á Vilagarcía e a súa zona a estudantes e xóvenes de Irlanda e Gran Bretaña co obxectivo complementario de aprender español á vez que coñecen a ría, a nosa cultura marítima, practican actividades náuticas e todo o que temos na zona.

Os premios convocados polo Concello de Vilagarcía están dotados cunha bolsa económica de 3.000 euros para cada proxecto, co obxecto de contribuír aos gastos iniciais para a súa posta en marcha, así como de 3 meses de formación específica para cada un deles que impartirán no Coworking DallequeDalle mentores especializados nas respectivas materias que abordan os proxectos. A formación e asesoramento comezará o 15 de setembro. A demais, o Concello publicitará e divulgará as iniciativas gañadoras desta primeira edición dos premios promovidos pola Concellería de Promoción Económica e Emprego que dirixe Juan Antonio Pérez Callón.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -