_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello inviste 150.000 euros en desviar a maraña de canalizacións descuberta polas obras da gardería de Vilaxoán

O Concello de Vilagarcía investirá 150.000 euros en desviar a maraña de canalizacións de saneamento e dun manancial descubertos polas obras de da escola infantil de Vilaxoán. A rede de conducións e pozos que estaban sen documentar, crúzanse a distintos niveis ao longo de toda a parcela e a profundidades que oscilan entre os 50 centímetros e os 5 metros. Co obxectivo de cimentar axeitadamente o edificio da gardería e para mellorar a servizo público de saneamento, en cuestión de días comezarán a executarse as obras de desvío e renovación das antigas canalizacións e pozos na contorna da rúa Miramar. A actuación financiarase con fondos propios correspondentes á partida para saneamento prevista nos orzamentos de 2017.
31.08.2017.- Os concelleiros de obras e de Infraestruturas, Lino Mouriño e Paola María, presentaron este mediodía o proxecto acompañados do arquitecto da Oficina Técnica de Rehabilitación, autor do mesmo, e do Enxeñeiro Municipal. Os técnicos explicaron expuxeron que, aínda que en calquera obra é normal atopar algunha canalización inesperada, este caso foi “sorprendente” debido ao número e disposición das mesmas e a que ao tratarse dunha parcela, non dunha vía pública sen servidumes, non debería pasar por alí ningún servizo.

A maioría das conducións teñen moitos anos xa que están construídas con formigón, material que xa hai anos que non se usa, coa excepción dunha máis recente que parte do saneamento do campo de fútbol. A orixe dalgunhas poden remontarse 40 anos atrás, segundo os técnicos. Ningunha delas figura nos planos municipais nin está documentada aínda que por elas si que se rexistra cauce. A maior das canalizacións ten 800 mm de diámetro, presentaba fendas e roturas, ao igual que varios dos pozos.

Intriduciuse unha cámara de control remoto

Debido á dimensión da maraña de canalizacións, tivo que levarse a cabo un exhaustivo e complexo traballos de localización e trazado das mesmas, traballos nos que interviron diversos departamentos municipais. Incluso foi necesario utilizar unha cámara remota que se introduciron polas canalizacións de maior diámetro para determinar a súa lonxitude e trazado e comprobar o estadio das mesmas.

Resolveranse as inundacións no lavadoiro

Unha vez realizados estes laboriosos traballos de campo, redactouse o proxecto de desvío de canalización e solución para evitar as problemáticas ás que estaban a dar orixe na zona, como ás que se refiren ao conduto do manancial que abastecía ao lavadoiro. Os traballos permitirán ademais resolver o problema de inundacións que sufrían as vivendas máis próximas ao lavadoiro cando chovía con intensidade, posto que ademais de separar das casas un dos pozos no que unha canalización de recollida de pluviais, variarase a cota da mesma para que a auga alivie cara o mar en lugar de retorcer cara o lavadoiro e as vivendas.
O arquitecto explicou que as canalizacións desviaranse na parcela para evitar que pasen baixo as zapatas dos cimentos da escola infantil, co obxectivo de que evitar movementos de terras debido aos fluxos de auga que puideran afectar á correcta consolidación do edificio. As redes levaranse cara a Rúa Miramar. As novas canalizacións serán de polipropeno, material máis resistente.

Oportunidade de investimento

Pese a tratarse dunha situación inesperada que se detectou ao iniciar as obras da escola Infantil, tanto Mouriño como María salientaron a oportunidade de que isto acontecese xa que permitirá levar a cabo unha actuación coa que se resolverán problemas de saneamento e inundacións cuxa causa se descoñecía. O edil de Obras lembrou que a mellora do saneamento é unha das prioridades deste goberno dende que comezou o mandato, por iso decidiron aproveitar a ocasión e investir nesta necesaria actuación con fondos que xa estaban previstos para a realización deste tipo de obras. “Poderíase ter obviado a situación, que ninguén coñecía, e continuar coa obra da escola infantil, pero por responsabilidade e porque a nosa intención é facer as cousas ben, preferimos botar algo máis de tempo e deixar todo en condicións para un mellor servizo aos veciños de Vilaxoán, tanto no que se refire á gardería como á rede de saneamento”.

Adxudicarase a próxima semana

Pola súa banda, Paola María indicou que, pese a demora provocada na construción da escola infantil será compensada coa mellora do saneamento e porque o edificio construirase con máis garantías. Ademais, a edil comentou que o proceso de contratación deste proxecto de desvío das canalizacións xa está avanzado a través da plataforma dixital e que a vindeira semana se adxudicarán, polo que os traballos comezarán tan pronto como se firme o contrato. O prazo de execución é de 2 meses, aínda que a obra da gardería non terá que esperar todo este tempo para continuar, xa que poderán ir traballando polas zonas nas que se vaian instalando as novas conducións.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -