_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Aberto o prazo de solicitude das axudas municipais á escolarización en Educación Infantil

O Concello de Vilagarcía abriu hoxe o prazo de presentación de solicitudes das axudas municipais á Escolarización para alumnos de Educación Infantil matriculados en centros educativos do municipio. Con esta convocatoria, a Concellería de Educación, pretende contribuír a aliviar a carga que supón o inicio do curso escolar concedendo bolsas de 60 euros para a compra do material escolar ás familias con menores ingresos. O prazo de solicitude remata o 30 de setembro.
01.09.2017.- O goberno local incrementou por segundo ano consecutivo os fondos destinados ás axudas municipais para a escolarización en Educación Infantil que pasan dos 9.000 euros do ano pasado aos 13.500. Con este incremento trátase de chegar a todas as familias que o necesitan, xa que o pasado curso o número de solicitudes presentadas superou a consignación prevista e o goberno local tivo que ampliar a posteriori a partida para poder dar as axudas a todas as familias que reunían os requisitos recollidos nas bases.

A medida finánciase entre dúas concellerías, a de Benestar Social polo que corresponde ao primeiro ciclo, e a de Educación polo tramo do segundo. Benestar aporta 7.500 euros e Educación 6.000, que poden ampliarse en caso de ser necesario.

Aínda que a escolarización non é obrigatoria na etapa Infantil, o goberno socialista considera que esta é unha medida imprescindible para un mellor desenvolvemento do neno tanto a nivel educativo como social e persoal, ademais de ser unha medida necesaria en moitos casos para a conciliación laboral. De aí que fomente a escolarización nesta etapa ofrecendo estas axudas que se conceden tendo en conta o nivel de ingresos da unidade familiar.

As bases e requisitos da convocatoria, así como a documentación a presentar está dispoñible nas dependencias da Concellería de Educación e no taboleiro de anuncios desta web.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -