_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A mellora do saneamento chega as rúas Parroquia do Vento e Sobreiral (Cea) cun investimento de 75.000 euros

O Concello de Vilagarcía continúa programando actuacións para seguir mellorando a rede municipal de saneamento e evitar os problemas que s estaban a rexistrar en diferentes puntos do municipio debido á falta de investimentos e mantemento nos últimos anos. O novo proxecto a executar este outono afectará á zona de O vento e da Rúa Sobreiral, en Cea, onde se investirán 75.000 euros para instalar unha nova tubaría de impulsión, adaptar o pozo de bombeo e instalar a novas bombas. Con esta obra mellorarase o servizo aos veciños destas zonas e evitaranse os problemas de verquidos e afloramento de augas residuais que se estaban a rexistrar cada certo tempo.
02.09.2017.- A necesidade de levar a cabo esta actuación ven determinada polo desgaste da actual canalización de impulsión, que sofre roturas de maneira continuada dende hai uns anos, provocando verquidos ao río, así como constantes reparacións nos viais. Tamén resulta necesaria a obra para dar continuidade ao colector de saneamento á rúa Sobreiral para a súa efectiva conexión coa rede municipal.

As obras proxectadas comezan na Rúa Parroquia do Vento e discorrerán pola Rúa Curvelas e Rúa Sobreiral, na parroquia de Cea. Os traballos consistirán na instalación dunha nova tubaría de impulsión dende o pozo de bombeo ata a Rúa da Parroquia do Vento seguindo un trazado que salvará unha desnivel de 7 metros. Esta circunstancia provocará que as augas residuais circulen por gravidade, o que diminuirá considerablemente o consumo enerxético das bombas de impulsión. Esta obra combinarase coa construción dun novo colector de saneamento para conectar coa rede existente.

Por outro lado, os traballos permitirán dar continuidade ao colector de saneamento que na actualidade remata Rúa Sobreiral, polo que as augas residuais acaban se acumulándose no último pozo de rexistro, que desborda de forma continuada, coas conseguintes molestias para os veciños da zona.

A actuación prevé ademais a instalación de novas bombas de impulsión e adaptación do pozo de bombeo existente e as correspondentes reposicións de viais.
O proxecto, elaborado polo Enxeñeiro Municipal xa foi aprobado pola Xunta de Goberno Local e nestes momentos estanse a elaborar os pregos para sacalo a licitación. A obra ten un prazo de execución de 3 meses e está previsto que se realice este outono.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -