_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A mellora dos aseos do campo de Vilaxoán está a punto de licitarse cun investimento de 30.080 euros

O acondicionamento e mellora dos aseos do público do campo municipal de fútbol de Vilaxoán executarase este mesmo ano cun investimento de 30.080 euros. A obra licitarase tan pronto como chegue a resolución formal da Deputación autorizando o investimento, acordo que xa foi comunicado verbalmente. O proxecto da obra redactouno o Arquitecto Municipal, e foi aprobado pola Xunta de Goberno na sesión do 24 de xullo.
06.09.2017.- Tal como membros do equipo de goberno lle comunicaran á directiva do Club San Martín, o proxecto financiarase mediante o reinvestimento das baixas da mellora do campo de fútbol de Faxilde. Esta obra executouse mediante unha subvención da Deputación, polo que foi preciso esperar a que se rematase e recepcionase esta obra para poder solicitar formalmente ao organismo provincial a reutilización dos fondos. De forma paralela, o Concello xa foi redactando o proxecto que se atopa no departamento de Contratación para sacar a licitación tan pronto como chegue a resolución escrita da Deputación. Todos estes trámites levan o seu tempo, pero son de obrigado cumprimento. Namentres, a obra non se levaba a cano, o Concello instalou un aseo portátil de xeito provisional.

O proxecto prevé a rehabilitación e reparación dos aseos destinados ao público no campo de fútbol municipal de Vilaxoán que se atopaban nun estado bastante deficiente. A actuación resúmese na mellora dos acabados dos paramentos interiores (pinturas, alicatados ...), as instalación e os aparatos sanitarios.

Segundo a memoria da obra, está previsto demoler as cabinas sanitarias para substituílas por outras de taboleiro HPL. Instalaranse aparatos sanitarios novos agás os lavabos existentes, actualmente de obra fabricados in situ, que se revestirán con microcemento. Ampliarase a edificación para posibilitar a instalación dun aseo adaptado do que actualmente carece.
Completarase a cuberta para unificala cos vestiarios contiguos existentes e revestirase exteriormente a edificación con placas HPL a fin de mellorar o aspecto estético.
Renovarase a carpintería substituíndo as xanelas de formigón por outras de aluminio e instalando dúas máis ata o de agora inexistentes.

Outras actuacións

Esta actuación compleméntase con outras menores que a Fundación de Deportes leva a cabo a medida que lle son solicitadas como foi a instalación dunha fonte para beber os nenos, melloras na iluminación do campo, colocación dunha rede nova nun dos fondos, pintáronse os teitos dos vestiarios e limpáronse as canaletas de recollidas de auga, entre outras. As demais necesidades irán asumíndose na medida do posible tan pronto como sexa posible, ao igual que nas demais instalacións deportivas do municipio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -