_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os departamentos de obras e xardíns dan un pulo esta semana á posta a punto dos colexios

O Concello da un pulo esta semana ao plan de posta a punto dos colexios de cara ao inminente inicio do curso escolar. O groso das actuacións e as máis urxentes remataranse o venres e as que non supoñen interferencia coa actividade escolar, que son as menos, levaranse a cabo durante as vindeiras semanas, tal como se ven facendo dende hai anos. Nestes momento traballan nos colexios a maior parte das plantillas dos servizos de Obras, Electricidade e Xardíns.
06.09.2017.- Como se sabe, o concello leva a cabo durante o verán as labores de mantemento periódico e posta a punto dos colexios do municipio segundo a lista de necesidades que lle pasan as dirección dos propios centros. Os arranxos comezaron a realizarse a finais de xuño a través dos propios servizos municipais que teñen que compatibilizar esas actuacións co resto de necesidades que se producen no municipio.

Como se sabe, o programa de mantemento dos centros educativos ralentizouse no mes de agosto, debido ao que máis do 90% do persoal dos servizos de Obras, xardíns e electricidade tívose que derivar á organización dos eventos das festas de San Roque e doutros moitos que se celebran durante ese mes no resto das parroquias do municipio. Ademais, compre lembrar que este ano a Xunta non resolveu a tempo as contratacións de beneficiarios da Risga coa que os concellos soen reforzar as plantillas en verán e que se destinaban a todas estas labores.

A finais de agosto xa se puido incrementar o número de efectivos no plan de mantemento dos colexios e esta semana traballan arreo para que alumnos e profesores atopen os centros educativos nas mellores condicións o luns. Durante o verán leváronse a cabo arranxos nas aulas e interior dos centros e agora estase a traballar, principalmente nos recintos e zonas axardinadas.
Algunhas actuacións que non revisten urxencia e que non interfiren na actividade escolar levaranse a cabo nas vindeiras semanas.

Os traballos de mantemeno consisten en labores de pintado de aulas zonas interiores e exteriores dos centros, arranxo d eportas e persianas, reposición de mallas de peche nos recintos, traballos de fontanería, acondcionamento de areeiros e zonas de xogos, reparación de fiestras e armarios, colocación de estanterías e stores, limpeza de canaletas de desaugue e sumideiros, arranxo de radiadores, podas e acondicionamento das zonas axardinadas, entre outras maís concretas
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -