_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
INFRAESTRUTURAS
O Concello actuará nas rúas da Coviña e Casal, en Bamio, a través do plan de mellora de camiños rurais

As rúas da Coviña e Casal, na parroquia de Bamio, serán os próximos camiños da rede viaria rural que serán obxecto dunha actuación de mellora no termo municipal de Vilagarcía. A Xunta de Goberno Local aprobou o proxecto encargado polo concelleiro do Rural , Lino Mouriño, no que se recolle a mellora do firme destas vías, o ensanche das mesmas onde sexa posible e a instalación da rede de drenaxe e recollida de augas pluviais.
12.09.2017.- A actuación precisa dun investimento de 47.551 euros e o prazo de execución de 1 mes. O proxecto remitiuse á Consellería de Medio Rural –Axencia Galega de Desenvolvemento Rural a efectos de obter subvención a través da liña de axudas para a mellora dos camiños rurais.

O Concello planea a execución desta obra en vista do estado no que se atopan estas dúas rúas de Bamio que presentan un importante desgaste na capa de rodadura, cos fendas e fochas que dificultan o tránsito r a seguridade dos usuarios.

As obras a realizar consistirán na apertura de caixa para a execución de sub-base de zahorra nos tramos de vial a ensanchar, o batido mecánico do pavimento aglomerado existentes e a regularización do pavimento cunha capa de MCB. Posteriormente se estenderá unha nova capa de rodadura de 5 centímetros de espesor e se levantarán as tapas das arquetas. A actuación prevé tamén a instalación de drenaxe de pluviais con canaleta, badén, sumideiros e tubo de formigón.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2017  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -