_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
PATRIMONIO
Patrimonio informa favorablemente a limpeza e pintado integral da Praza da Peixería

A Comisión Provincial de Patrimonio da Xunta de Galicia vén de autorizar o proxecto de limpeza e pintado integral da fachada e interiores da Praza da Peixería que promove o Concello de Vilagarcía. Ravella destina 16.000 euros á obra que completa a mellora do emblemático edificio protexido, iniciada o pasado ano coa substitución da cuberta e a mellora das canalización de recollida de pluviais. Os traballos de limpeza e pintado adxudicaranse nos próximos días co obxecto de que se inicien de inmediato.
15.09.2017.
Esta nova actuación financiarase co sobrante polas baixas na adxudicación da obra de renovación da cuberta do edificio. Dado que estes traballos acometéronse cunha subvención do Plan Concellos da Deputación, o Concello conta dende hai meses coa autorización do organismo provincial para reinvestir a suma sobrante.

A actuación a levar a cabo agora consistirá no limpado e pintado da fachada exterior da Peixería con elementos fixadores que impidan que os materiais se vaian desfacendo co paso do tempo, e no pintado das paredes do interior do edificio.

Meses antes, o Concello executou na Peixería un proxecto de maior calado no que se investiron 137.000 e que consistiu na limpeza das tellas e arranxo do tellado, na instalación dun sistema de impermeabilización baixo a cuberta, na posta en valor das cerchas de ferro, no arranxo dos canalóns de recollida de augas e no pintado do enreixado. A maior parte do proxecto tiña como obxectivo acabar cos problemas de filtracións de auga e humidades que se estaban a rexistrar debido ao mal estado do tellado do edificio que se utiliza para acoller actos públicos e que estaba deteriorándoo de xeito acelerado.

Coa actuación a levar a cabo agora, quedaría rematada a mellora integral da Peixería, proxecto que se enmarca n aliña de actuación que segue o goberno socialista de recuperación, conservación e posta en valor do patrimonio local.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -