_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
Vilagarcía libráse do plan de axuste en 2018, tres anos antes do previsto, debido á boa marcha das contas municipais

A eficiente xestión económica que esta a levar a cabo o goberno socialista permitirá que en 2018 o Concello quede liberado do Plan de Axuste activo dende a entrada en vigor da Lei de Estabilidade Orzamentaria no ano 2012. A cancelación adiántase 3 anos, xa que o Plan aprobado polo anterior goberno do PP estendíase ata finais do ano 2020. Entre as consecuencias positivas que terá a desaparición das medidas de axuste está que o Concello non estará obrigado a subir os impostos un 2% cada ano ata 2020, como fixaba o plan. Estas son algunhas das conclusións que recolle o informe de Intervención sobre as Liñas Fundamentais dos Orzamentos de 2018 que o Concello ten que remitir ao Ministerio e do que previamente se dará conta ao Pleno Municipal.
20.09.2017.- Unha das causas principais polas que o Concello de Vilagarcía poderá prescindir o ano que ven do Plan de Axuste é que a correcta xestión das finanzas municipais tivo como resultado a xeración dun superávit en 2016 que se destinará a amortizar o que queda pendente do crédito subscrito en 2012 para financiar o Plan de Pago a Provedores, preto de 1,5 millóns de euros. A realización desta operación tamén se abordará no Pleno da próxima semana e suporá a cancelación definitiva da devandita operación crediticia, que xa no anterior exercicio se amortizara 1 millón de euros do superávit de 2015.

Con isto, o volume de endebedamento do Concello de Vilagarcía diminúe considerablemente, situándose no 31,55%, moi por debaixo do límite do 75% que a lei marca para solicitar novos créditos sen necesidade sequera de que a operación tivese que ser autorizada previamente polo Estado.

O informe de Intervención, baseado na liquidación da Conta de 2016 e o estado de execución dos orzamentos de 2017, conclúe que, segundo os resultados económicos existentes e tendo en conta as liñas xenéricas que rexerán a elaboración do Orzamento Municipal de 2018, estas cumpren os obxectivos de estabilidade orzamentaria e de débeda, así como a regra de gasto.

Nas liñas fundamentais marcadas polo equipo de Alberto Varela para deseñar os orzamentos de 2018 inclúense como novidades a consignación dunha partida de 546.000 euros para comezar a executar a modificación da RPT e outra para a aportación municipal, aínda sen cuantificar, aos proxectos do Programa Vilagarcía Avanza cofinanciado cos FEDER.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Nov 2017  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2017. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -