_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello apoia ás familias con menos ingresos con axudas de ata 250 euros para afrontar o pago do IBI

A proposta do goberno socialista de crear unha liña de axudas para que as familias con menor nivel de ingresos poidan afrontar o pago do IBI tras aplicación do catastrazo promovido en 2013 polo PP someterase o día 28 á aprobación do Pleno. A medida consiste na concesión de axudas que poden cubrir o 80% do importe do recibo da contribución ata un máximo de 250 euros, e para cuxo financiamento o executivo de Alberto Varela xa ten reservada nos orzamentos deste ano unha bolsa de 90.000 euros.
20.09.2017.- De acordo cos informes da Secretaria e a Intervencións municipais, a nova liña articularase a través do Regulamento de Axudas de Inserción Social do Concello de Vilagarcía, cuxa modificación para incluír as axudas do IBI é o que se eleva ao Pleno.

Esta nova media de carácter social que pon en marcha o grupo de goberno pretende favorecer ás familias máis desfavorecidas economicamente, de aí que as axudas se concederán en función ao nivel de ingresos da unidade de convivencia. Ao igual que as demais medidas recollidas no Regulamento de Axudas de Inserción Social, tomarase como indicador obxectivo de referencia o IPREM de 2017.

Aparte do criterio económico, os requisitos que se deben cumprir para acceder as axudas do IBI son que o inmoble que da orixe ao recibo ten que ser a vivenda habitual na que resida a unidade de convivencia e estar no municipio de Vilagarcía. Ademais, o solicitante ten que estar empadroado nese domicilio e non pode posuír outra vivenda en propiedade.

A creación da liña de axudas ao IBI enmárcase nas medidas sociais que o goberno socialista está poñendo en marcha como as becas para estudantes universitarios e de ciclos formativos, o comedor escolar nas ludotecas de verán, ou as xudas á contratación por parte de empresas e negocios da localidade.

Aínda que a proposta inicial era crear unha bolsa de 80.000 euros para financiar as axudas para paliar os efectos do catastrazo nas economías domésticas máis vulnerables, finalmente, a proposta de BN e do concelleiro non adscrito, a suma elevouse aos 90.000 euros. Ademais, hai que lembrar que os socialistas, en cumprimento do seu programa electoral, e para tratar de minorar os efectos do catastrazo, reduciron o tipo impositivo do IBI en dous exercizos pasando do 0'60 ao 0,58 no ano 2016 e do 0.56 ata o 0.54 en 2017.

Dado que estes concelleiros foron os que apoiaron os orzamentos municipais que contemplaba a creación das xudas, foi con eles cos que se consensuaron as bases e os límites das axudas sempre, seguindo as especificacións legais marcadas polos informes xurídicos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -