_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os ciclistas disporán de carril propio para atravesar nos pasos de cebra situados entre rúas peonís

A Concellería de Mobilidade continúa coa posta en marcha de novas medidas tendentes a favorecer o uso de transportes alternativos ao coche e a mellorar as infraestruturas para acadar esta meta. A seguinte actuación a realizar será a de habilitar carrís exclusivos para uso de bicicletas nos pasos de peóns que unen zonas peonís. A concelleira de Mobilidade, Paola María, xunto con técnico municipal, inspeccionaron esta mañá os lugares nos que se pintarán os pasos para ciclistas.
22.09.2017.- Neste primeira etapa, a idea é habilitar pasos exclusivos para ciclistas pegados aos pasos de peóns que atravesan unha rúa situada entre dúas zonas peonís, como por exemplo no paso entre Castelao e Vista Alegre, ou nos que enlazan un tramo de carril bici con outro, por exemplo no paso de peóns de Rivero de Aguilar que segmenta o carril bici do parque Miguel Hernández co do paseo marítimo.

Segundo o percorrido realizado esta mañá, inicialmente está previsto o pintado dos pasos para bicicletas en 12 pasos de peóns. Nalgúns só será preciso o pintado, mentres que noutros haberá que realizar algunha pequena obra complementaria como ampliar a rebaixa de bordes da beirarrúa.
Co pintado dos pasos de bici anexos aos pasos de peóns perséguese, por un lado, continuar avanzando na mellora das infraestruturas para facilitar o uso da bicicleta e, por outro, incidir nas medidas de seguridade de peóns e ciclistas que terán diferenciadas as respectivas zonas de paso para non estorbarse.

A intención do goberno local é levar a cabo esta medida de forme inmediata, tan pronto como se concreten as obras cos técnicos. Será o propio persoal municipal quen as leve a cabo, polo que, se a choiva non o impide, os traballos terían que estar executados en cuestión de semanas.

Esta actuación supón so o principio dos plans que ten o goberno local de ampliar a rede de carril bici por todo o municipio que está previsto estender polo Paseo Marítimo a través do acordo acadado con Costas e dentro do Plan Vilagarcía Avanza, financiado cos Fondos FEDER, con novas infraestrutura por toda a cidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -