_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Trescentos cincuenta escolares participaron na Semana da Mobilidade que remata hoxe co paseo en bici

.- O Concello de Vilagarcía e a asociación Arousa en Bici poñen esta tarde-noite o colofón á Semana da Mobilidade co tradicional Paseo Nocturno en Bici que partirá ás 21:00 horas da zona do Cavadelo. As restantes actividades organizadas no marco deste programa europeo contaron boa acollida. Por poñer un exemplo, 350 escolares de Primaria e do Centro de Educación especial participaron no Parque de Educación Viaria da Policía Local e case 40 adultos tomaron parte na charla coloquio celebrada onte no centro social do Ramal.
22.09.2017.- Os escolares dos 8 colexios que participaron no Parque de Educación Viaria pertencían a 6º curso de Primaria, aos que se sumaron os alumnos do Centro de Educación especial de Marxión. A actividade consistiu nunha visita á exposición sobre a bicicleta que se amosa no corredor principal do Auditorio, nunha sesión teórica na que os axentes lles explicaron as principais normas cívicas e de seguridade para circular en bicicleta ou a pe e na posterior práctica no circuíto habilitado na Praza da II República. Nesta pista o alumnado puxo en práctica o aprendido actuando indistintamente como condutores de karts a pedais, como ciclista ou como peóns. Para facelo ben tiñan que respectar as sinais de tráfico e normas de circulación, actuando correctamente nos ceda o paso, rotondas ou pasos de peóns regulados con o usen semáforo.

Tamén contou cunha elevada asistencia a charla coloquio sobre a Semana da Mobilidade e as normas de seguridade viaria que a Policía impartiu onte no centro social do ramal, á que asistiron case 40 persoas. Todos levaron como agasallo un chaleco reflectinte para usar cando vaian a camiñar por vías non urbanas.

A semana da Mobilidade péchase esta tarde co obradoiro de arranxo de bicicletas que ofrecerán os membros de Arousa en Bici de 16.30 a 20 horas na Praza da II República e o circuíto de Educación Viaria da Policía, que nesta ocasión estará aberto a todo o público.

O broche de ouro porao o Paseo en Bici con saída ás 21:00 horas do Cavadelo e que levará aos participantes ata Vilaxoán e Carril para regresar ao punto de saída.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -