_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
O Concello destina 101.000 euros ás obras de mellora do centro socio cultural de Rubiáns

O plan de mellora e mantemento dos centros socio culturais e veciñais do municipio rematará cunha das actuacións máis importantes previstas para o ano en curso: a das instalación de Rubiáns, gravemente afectadas o asado inverno polo efectos dun temporal. O Concello investirá neste centro 101.000 euros para renovar a cuberta, mellorar a recollida de pluviais, acabar coas filtracións e outras actuacións tendentes a mellorar as instalación. O proxecto xa está feito e o servizo de contratación está redactando os pregos para sacar a licitación a obra.
23.09.2017.- O centro socio cultural e veciñal de Rubiáns precisaba de certas melloras, necesidades que se viron agravadas o pasado inverno cando un temporal de vento levantou gran parte da cuberta. Naquel momento, para evitar males maiores e para permitir que os veciños e colectivos da parroquia puideran continuar utilizando as instalación, o Concello acometeu unha obra de urxencia para reparar provisionalmente o problema, pendentes de poder levar a cabo un ha actuación de maior calado que resolvera de forma definitiva os problemas que presentaba o edificio debido á falta de mantemento dos últimos anos e que ían máis alá da cuberta.

A principal actuación recollida no proxecto é a reparación integral da cuberta e canaletas polas que filtra auga ao interior do edificio, para o cal se substituirán os elementos danados polo temporal. Tamén se instalarán recercados exteriores en toda a carpintería da fachada suroeste polas que se filtraba auga debido a selados incorrectos e comprobarase o estado do resto da carpintería.
Ademais, repararanse os revestimentos e acabados exteriores en teito e porche, el mal estado polas filtracións procedentes da cuberta e xa no interior do centro, arranxarase os falsos teitos e as paredes que tamén se viron afectadas polas humidades.

Por último, repararanse as luminarias exteriores e interiores e prevese a instalación de rexas nalgunhas das fiestras exteriores co obxecto de impedir o acceso e furtos que se estaban a rexistrar cada certo tempo no centro cultural.

50.000 euros máis a repartir nas casa de cultura dos Borrizos e Sobradelo

Os 101.000 euros que precisan estas obras fináncianse con fondos propios do Concello, a través dos fondos reservados no orzamento municipal de 2017 para o plan de mellora e conservación dos centros socio culturais do municipio. A maiores das actuacións realizadas ao longo do ano e desta que está a piques de sacarse a licitación, o goberno local aprobará na Xunta de Goberno do luns a adxudicación dos traballos previstos nas casa de cultura de Os Borrizos (Cornazo) e Sobradelo, cun investimento de 50.000 euros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -